Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fins_do_mundo

Bernardino Graña entra Academia Galega

O vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas (Avda de Lugo s/nº) terá lugar a sesión extraordinaria pública da Real Academia Galega con motivo da recepción como académico de número de Bernardino Graña. O autor de Fins do mundo lerá o seu discurso de ingreso Contos populares e Rosalía, que será respondido en nome da Academia por Ramón Lorenzo Vázquez.

Bernardino Graña elixido académico

Bernardino Graña elixido académico

Na mesma sesión na que A Academia Galega designou a Uxío Novoneyra como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2010, foi elixido académico o seu amigo o poeta Bernardino Graña. Un nomeamento que a todo o cadro de persoal da editorial nos enche de fachenda e satisfacción polo vencellamento solidario de Bernardino con Xerais, ao longo de tres décadas, na que ten publicada unha boa parte da súa obra.