Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: follas_novas

«Follas novas», de Rosalía de Castro, o máis recomendado na Tabela dos libros

O libro Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, é o libro máis recomendado na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Anxo Angueira: ««Seguiremos con toda a obra en verso e prosa, en galego e en castelán, de Rosalía de Castro»

A edición compostelá de La Voz de Galicia publicou unha información de Uxía López sobre Anxo Angueira e a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro.

«Follas novas»: outra memorable edición crítica de Rosalía. Por Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira.

Anxo Angueira: «Follas Novas é un libro enorme, infinito»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e responsable da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, que acaba de publicar Xerais na colección Clásicos. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Caldo de groria» para Rosalía. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, que Xerais acaba de publicar ao coidado de Anxo Angueira.   Caldo de groria para Rosalía Celebramos onte o día de Rosalía en Padrón presentando a edición crítica de Follas novas preparada por Anxo Angueira.

Novidade: «Follas novas», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. Unha das grandes referencias da poesía universal

Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Despois de “Cantares gallegos” (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880).

Unha nova versión de «Follas novas» a cargo de Anxo Angueira para o #MobilizaRosalía

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a acción #MobilizaRosalía e sobre a nova edición de Follas novas que Xerais acaba de publicar ao coidado de Anxo Angueira.   #MobilizaRosalía Comezou a semana dedicada a Rosalía con motivo da celebración o mércores 24 do seu 179 aniversario.

Presentación en Padrón de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O mércores, 24 de febreiro,  ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, Campo do Souto nº 2,  de Padrón, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. O acto, organizado polo Concello de Padrón e Xerais,  contará coa participación de Manuel Bragado, Anxo Angueira Viturro, Chus Senín Fernández e Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón.

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Hoxe cúmprense 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Xerais súmase á celebración desa data, apoiando a iniciativa da AELG, que está promovendo unha serie de actos organizados por concellos e asociación culturais para promocionar o Día de Rosalía de Castro este 24 de febreiro.

Rosalía de Castro en Xerais

Rosalía de Castro en Xerais

Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o 172 aniversario do nacemento en Santiago de Compostela de Rosalía de Castro. Dende os inicios de Xerais, a nosa escritora primeira sempre tivo unha importante presenza no noso catálogo. O primeiro título foi en 1982 a Poesía completa en galego, en edición do profesor Benito Varela Jácome, actualmente descatalogada despois de ser reimpresa en múltiples ocasións.