Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: francisco_fernández_rei

Presentación en Cambados de “Común temos a patria” de E. X. Ínsua e Xurxo Martínez

O venres 13 de abril de 2018, ás 20:00 horas, no Salón Peña, rúa Borrón, 14, Cambados, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto, organizado coa colaboración das librerías Ramón Cabanillas e Contos, acompañarán aos autores Victor Caamaño e Francisco Fernández Rei.

Presentación en Santiago de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía” de Xosé Luís Axeitos

O martes, 3 de outubro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía de Xosé Luís Axeitos. No acto acompañarán ao autor, Anxo Angueira, Francisco Fernández Rei e Manuel Bragado.

Redimensionar ao poeta de Cambados: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei. Crítica de Pilar Ponte

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un poeta fulcral, a súa lingua e o seu territorio: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei. Crítica de Miro Villar

O escritor Miro Villar publicou no seu blog unha anotación que contén  a súa crítica do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei que publicou no último número da revista Grial.

Paixón e rigor investigador: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei. Artigo de Antón García

O xornal La Nueva España publica un artigo de Antón García en asturiano sobre o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Escrito con sabedoría e agarimo: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo sobre o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un poeta fulcral: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei. Por Miro Villar

O escritor Miro Villar publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei.

Francisco Fernández Rei: «Cabanillas é o poeta das Irmandades da Fala»

Radiofusión emitiu unha entrevista con Francisco Fernández Rei, sobre Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación no Grove de “Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa”

O venres, 20 de novembro, ás 20:30 horas, na Galería Besada, rúa Concepción Arenal, 1, O Grove, terá lugar a presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa de Francisco Fernández Rei. O acto contará coa participación de Emilio Ínsua, profesor, Antón Mascato,  editor e Francisco Fernández Rei.

Presentación en Santiago de “Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa” de Francisco Fernández Rei

O xoves, 19 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa de Francisco Fernández Rei. No acto participarán Antón Santamarina, Manuel Bragado e o autor.

Francisco Fernández Rei: «A obra de Ramón Cabanillas supuxo un alivio logo da desaparición do trío Rosalía-Curros-Pondal»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Francisco Fernández Rei, sobre Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Cambados de “Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa”

O xoves, 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio da Xuventude de Cambados, terá lugar a presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa de Francisco Fernández Rei.