Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: francisco_martínez_bouzas

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero

Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novonoites unha recensión crítica sobre Aníbal Otero. LingLingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero. Reproducímola integramente: Aníbal Otero…«anucíuse de tristura e señerdade» Dá cumprida noticia da vida de Aníbal Otero (1911 – 1974) este libro de Xesús Alonso Montero.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novenoites unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos. Reproducímola integramente: Desmitificación das misións humanitarias Xesús Manuel Marcos, o autor desta novela, O bebedor de rakia,  semella ter unha manifesta querenza polos personaxes perdedores.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Cara B», de Ignacio Silva

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog, Novenoites, unha recensión sobre Cara B, de Ignacio Silva, que reproducimos a continuación: Cara B, un debut prometedor Vivimos tempos difíciles  para un debut literario. A crise xeral asáñase tamén co mundo da edición. A deriva de lectores está a provocar que os selos editoriais máis importantes do pais sexan moi precavidos á hora de poñer na rúa novos libros.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog unha recensión crítica sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki. Reproducímos un parágrafo. A recensión pode lerse completa aquí. A novela curta que acaba de saír dos prelos de Edicións Xerais é, á vez, unha denuncia social e unha chamada á esperanza e á solidariedade. Denuncia da explotación das mulleres, trabadas en situación precaria.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Unha historia que non vou contar», de Cid Cabido

O crítico Francisco Martínez Bouzas recolle no seu blog unha recensión que publicara hai algún tempo sobre Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido. Reproducimos algúns parágrafos: (…) A novela abéiranos ás figura dun escritor, un tipo raro, “incomunicativo” e cun alto nivel de nugalla que, a finais do 2005, comeza  a investigar un crime cometido en Vigo e que circulou como lenda urbana no ano 1974.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

O Faro da Cultura (Faro de Vigo) publica hoxe unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

«”Unha historia que non vou contar”: unha novela cen por cen viguesa»

METAFICCIÓN. UN RICO TERRITORIO A estas alturas da sesión non resulta novidoso para ninguén,achegado as nosas letras,nin desacougante para o mesmo autor,a constatación de que Cid Cabido é seguramente o narrador máis singular, insólito e inclasificable do sistema literario galego.

«O Cabo no Mundo» ou «Contra os señores do olvido»

Francisco Martínez Bouzas publica hoxe no «Faro da Cultura» a que constitúe a primeira crítica d’ O Cabo do Mundo, a novela de Xabier Quiroga. Baixo o título «Terror no Cabo» e o subtítulo «Contra os señores do olvido», Martínez Bouzas contextualiza esta obra dentro do esforzo da literatura galega de contribuír dende a ficción a reconstrución da Memoria Histórica.

«A vida do outro»: A novela dun xornalista na Transición

Dicía Álvaro Cunqueiro que non hai nada máis real que a fantasía. Unha afirmación que acada cumprida confirmación na última novela do xornalista, ensaísta e narrador, Carlos G. Reigosa, A vida do outro, recentemente editada en Xerais e gañadora do Premio Torrente Ballester, un dos máis importantes da narrativa en galego e en español convocados no noso país.

«O recendo das mimosas» no «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publicou no «Faro da Cultura» do pasado 8 de outubro unha crítica d’ O recendo das mimosas, o libro de relatos de Agustín Agra. Tras repasar a diversidade temática da ducia de relatos, o crítico conclúe que estamos diante dunha «escolma moi heteroxénea e desigual, non exenta de riscos e ousadías formais, como é o caso dun acontecemento narrado por varias voces.

«Para seguir bailando», crítica en «Faro da Cultura»

«Para seguir bailando», crítica en «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publica no “Faro da Cultura” de hoxe o que constitúe a cuarta crítica de Para seguir bailando, o libro de relatos de F.X. Fernández Naval. Bouzas salienta que nestes dez relatos “o lector poderá detectar sen demasiados esforzos o ADN privativo de Fernández Naval como narrador”.

«A clase», crítica no «Faro da Cultura»

«A clase», crítica no «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publica no «Faro da Cultura» de hoxe unha crítica d’ A clase, a novela de François Bégadeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto. A publicación da crítica coincide coa chegada ás librarías da segunda edición da novela.