Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galicia_confidencial

Xela Arias, Letras Galegas 2021

A Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2021 a poeta, tradutora e editora Xela Arias. A institución quere así render tributo a “unha voz singular, sincera e comprometida”. En 2018 Xerais publicou, en edición de María Xesús Nogueira, o libro Poesía reunida (1982-2004). Este volume dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento.

«Un señor elegante» e «Zona a Defender», entre as recomendacións de lectura para o Nadal do xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha noticia sobre recomendacións de lectura para o Nadal con mención a dous libros publicados por Xerais: Un señor elegante, de Suso de Toro, e Zona a Defender, de Manuel Rivas   Non tes un libro en galego para regalar este Nadal? Axudámosche a escollelo As principais editoriais galegas traen unha nova fornada de obras entre as que destacan as sinaturas de Manuel Rivas, Suso de Toro e

María Marco por «Coidadora», Antonio Manuel Fraga por «santoamaro» e Andrea Maceiras por «A folla azul», Premios Xerais 2020

    En Vigo, o venres 18 de decembro de 2020, anunciouse o ditame da XXXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, os tres premios dotados con 10.000 euros cada un.

Unha obra de Xerais, a primeira en adaptarse ao podcast para radio en Galicia: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación sobre a adaptación ao podcast para radio do libro: Un home estraño, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”.

Unha novela que indaga na fascinante historia da familia Baltar e a súa loita por dignificar a cultura deste país: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Por fin recollen a interesante historia da familia Baltar, que axudou a Murguía, Rosalía, Castelao ou Dieste Un señor elegante é a nova novela de Suso de Toro que indaga sobre a fascinante historia desta familia e a súa loita por dignificar a cultura deste país.

O novo libro de Manuel Rivas, «Zona a defender», chega ás librarías. Noticia nos medios de comunicación

O novo libro de Manuel Rivas, Zona a defender, chega ás librarías. Nel, o escritor coruñés fai unha chamada de alerta para que o planeta enteiro sexa unha Zona a Defender, denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia.

Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego en: «O Menhir de Ouro». Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación sobre o libro: O Menhir de Ouro, de René Goscinny, publicado por Xerais na colección: Cómics.   Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego Os actores Xerardo Couto, Tacho González e Antón Rubal porán voz a Astérix, Obélix e Aseguracenturix, algúns dos principais habitantes da aldea gala máis famosa do mundo.

Xerais pon en marcha un programa de lecturas para chegar aos máis novos. Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha noticia sobre a o programa de lecturas para chegar aos máis novos de Xerais.

Os premios da V Gala do Libro Galego 2020, nos medios e na rede

O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras nesta convocatoria que, pola situación causada pola pandemia do COVID19, viuse na obriga de ser adiada ao outono.

Lecturas da corentena por David González: «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville e «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras. Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Nesta quinta entrega da serie, o artigo fai mención a dous títulos publicados por Xerais: A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville e O que sei do silencio, de Andrea Maceiras.

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Lecturas da corentena por David González: «As horas roubadas», «Cabalos e lobos» e «A crueldade de abril». Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na cuarta entrega da serie, o artigo fai mención a tres libros publicados por Xerais: As horas roubadas, de María Solar; Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo e A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras.