Teresa Moure, no Culturgal
Galicia hoxe dá conta da presentación no Culturgal d’ O natural é político, o máis recente ensaio de Teresa Moure.
Publicado o 7 Decembro, 2008 nas categorías Ensaio, Entrevistas
Galicia hoxe dá conta da presentación no Culturgal d’ O natural é político, o máis recente ensaio de Teresa Moure.
Publicado o 4 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Traducións, Xerais_nos_medios
Manuel Rivas presentou onte na libraría Ombres Blanches de Toulouse a edición en francés de Os libros arden mal, L’éclat dans l’abîme, publicado na prestixiosa editorial Gallimard. Rivas falou da súa obra, do seu último libro e de súa concepción da literatura e os lazos entre xéneros literarios ante o numeroso público asistente, e evocou os seus inicios no mundo xornalístico….
Publicado o 24 Outubro, 2008 nas categorías Entrevistas, Premios, Xerais_nos_medios
Agustín Fernández Paz foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.
Publicado o 29 Agosto, 2008 nas categorías Narrativa, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe publica unha reportaxe sobre Os nomes de traidor, a máis recente novela de Xurxo Sierra Veloso.
Publicado o 4 Agosto, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe publica unha longa entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Carme Blanco, a raíz da presentación de Atracción total na Feira do Libro da Coruña. A autora lucense afirma que “Atracción total entrelaza historias, como a dos amantes de Augas Santas ou a de Xoana Capdevielle, coa arte pobre de muller dos retallos. É un canto á vida, ao amor e á liberdade. E di: Punto G Galicia. Gocemos.
Publicado o 31 Xullo, 2008 nas categorías Críticas, Entrevistas, Presentacións, Xerais_nos_medios
Xosé Manuel Eyré publica unha moi gabanciosa crítica d’ As mellores intencións, a novela de Begoña Paz. Así mesmo, en Galicia hoxe publica unha entrevista coa autora. As mellores intencións será presentada na Feira do Libro da Coruña, o vindeiro luns día 4, ás 19:00 horas. Premer na imaxe para ler o texto.
Publicado o 29 Xullo, 2008 nas categorías Crónica, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
Miguel Anxo Fernán Vello comenta na súa columna de Galicia hoxe a aparición dos libros máis recentes de Manuel Rivas, Os Grouchos, e Suso de Toro, Outra Galiza.
Publicado o 23 Xullo, 2008 nas categorías Autores, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe informa do encontro que autores e autoras da editorial (Manuel Rivas, Suso de Toro, Rosa Aneiros, Fina Casalderrey e Xosé Luís Méndez Ferrín) mantiveron na Facultade de Filoloxía de Santiago con ex alumnos de Cursos de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros da USC. Unha foto importante para a historia, que recollemos con orgullo e agradecemento.
Publicado o 18 Xullo, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe publica unha entrevista a Xabier Paz, con motivo da presentación de Renacer. Recollemos un parágrafo dun texto moi interesante: “O que ten en común o personaxe de Adria co seu pai, Aretino, é a determinación de renacer. O pai, un pornógrafo de vida disoluta e escandalosa, busca a liberdade de vivir ben. Quere triunfar, e por iso renuncia á súa vida anterior: ata ao seu nome.
Publicado o 1 Xullo, 2008 nas categorías Crónica, Presentacións, Xerais_nos_medios
Suso de Toro presentou Outra Galiza nun acto celebrado no Club Internacional de Prensa de Santiago no que estivo acompañado do editor Manuel Bragado. Recollemos as primeiras referencias publicadas nos medios electrónicos: “Os galegofalantes somos tratados como inmigrantes” (Galicia hoxe). “A ‘Outra Galiza’ de Suso de Toro” (El Correo Gallego). “Suso de Toro.
Publicado o 21 Xuño, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Con motivo da presentación de Festina lente, celebrada onte na Libraría Couceiro de Santiago, Marcos Calveiro foi entrevistado por La Voz de Galicia, El País, AGN e Galicia hoxe. Nestas entrevistas, Marcos Calveiro define Festina lente como “un relato sobre os libros como armas de coñecemento que poden amolar o poder”. “É unha novela na Compostela dos séculos XVI e XVII, que era moi rica en personaxes.
Publicado o 13 Xuño, 2008 nas categorías Educación, Educación_para_a_cidadanía, Libros_texto_ESO, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe publica unha reportaxe sobre os nosos libros de Educación para a cidadanía de 2º de ESO.