Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: gondomar

Fran P. Lorenzo estará hoxe en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, para falar de «Cabalos e lobos»

O escritor Fran P. Lorenzo estará hoxe martes día qde decembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar da súa novela Cabalos e lobos.

Mercedes Leobalde estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, con «Funambulistas»

A escritora Mercedes Leobalde estará en o martes 2 de xuño ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar e intercambiar impresións sobre o seu libro Funambulistas, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.

Pere Tobaruela estará mañá sábado no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Formigas»

O primeiro volume da serie Formig4s, de Pere Tobaruela, centrará mañá sábado 29 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.   As formigas invaden o Lendo Contigo Este sábado 31 de xaneiro, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. A lectura que lemos nesta ocasión é Formigas.

Jacobo Fernández Serrano estará mañá sábado día 20 no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Marcopola»

O primeiro volume da serie Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano, así como o resto dos títulos, centrarán mañá sábado 20 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.

Xurxo Souto estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, con «Contos do mar de Irlanda»

Xurxo Souto estará mañá martes día 2 de decembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar de Contos do mar de Irlanda.

Pedro Feijoo estará en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, coa súa novela «A memoria da choiva»

Pedro Feijoo estará en o martes 7 de oututuro ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar e intercambiar impresións sobre a súa novela A memoria da choiva.

«Desde unha estrela distante», de Agustín Fernández Paz, propicia a celebración dunha Noite Extraterrestre nas actividades de Espazo Lectura

O libro Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz, pechará esta tarde a tempada do Club de lectura Lendo Contigo, que organiza a asociación Espazo Lectura en Gondomar, coa celebración dunha Noite Extraterrestre que terá lugar hoxe venres na Casa da Lectura.

Alfonso Álvarez Cáccamo estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, co seu libro «Os Gotten»

O escritor  Alfonso Álvarez Cáccamo estará mañá en Gondomar, participando nunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor do seu último libro de relatos Os Gotten. A sesión terá lugar ás 20,00 horas, na Biblioteca  de Gondomar e o encontro co autor ás 21 horas no mesmo lugar.

Antonio García Teijeiro estará este sábado día 29 no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Un rato díxolle á lúa»

Un rato díxolle á lúa, a antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez, centrará o próximo sábado 29 de marzo a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.

Vídeos da visita de Manuel Rivas ao club de lectura Lendo Contigo, de Espazo Lectura, en Gondomar con «O raposo e a mestra»

A asociación Espazo Lectura publicou no espazo TV da súa web varios vídeos da visita do escritor Manuel Rivas ao Club de lectura compartida Lendo Contigo o pasado día 1 para falar do seu libro O raposo e a mestra.

Diego Ameixeiras estará mañá en Gondomar, no Club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, coa súa novela «Matarte lentamente»

O escritor Diego Ameixeiras estará mañá en Gondomar, participando nunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor da súa última novela, Matarte lentamente. A sesión terá lugar ás 20,00 horas, na Biblioteca de Gondomar e o encontro co autor ás 21 horas no mesmo lugar.

Manuel Rivas estará mañá sábado día 1 no Lendo Contigo, en Gondomar, con «O raposo e a mestra»

O libro O raposo e a mestra, de Manuel Rivas, centrará o próximo sábado 1 de febreiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar. A web de Espazo Lectura reproduce tamén as fotos da sesión de Xelís de Toro co seu libro O gato fantasma.