Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: gondomar

Agustín Fernández Paz e Antonio Seijas participarán nunha iniciativa de Espazo Lectura en Gondomar que une as propostas de dous clubs de lectura en torno a «Cartas de inverno»

O vindeiro martes o escritor Agustín Fernández e o ilustrador Antonio Seijas participarán nunha iniciativa de Espazo Lectura en Gondomar, que celebra conxuntamente as sesións do Club de Lecturas Debuxadas (centrado no cómic) e o Club de Lectura Sete Vidas (centrado na narrativa) para falar e debater cos seus repectivos autores sobre Cartas de inverno (novela) e Cartas de inverno. (Novela gráfica).

Presentación «A memoria da choiva« en Gondomar

O venres, 22 de novembro, ás 20:30 horas, na libraría Libraida , rúa Rosalía de Castro 13 de Gondomar, terá lugar a presentación da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán Pedro Feijoo e Fran Alonso que manterán un diálogo… a tres bandas.

Dolores Redondo: «A velocidade é unha das características do meu estilo narrativo. Odio a palla nas novelas». Anotación de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a participación onte da escritora  Dolores Redondo nun Vermú literario con polbo á feira en Gondomar, dentro dunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, sobre o seu libro O gardián invisible.

Dolores Redondo estará o vindeiro domingo nun Vermú literario con polbo á feira nunha sesión de Espazo Lectura en Gondomar

A escritora  Dolores Redondo estará o domingo 6 de outubro en Gondomar, participando nun Vermú literario con polbo á feira, dentro dunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor do seu libro O gardián invisible.

María Reimóndez estará no club de Lectura Sete Vidas, en Gondomar, o próximo 2 de abril con «En vías de extinción»

A escritora María Reimóndez estará o próximo 2 de abril no Club de Lectura Sete Vidas que organiza Espazo Lectura en Gondomar para falar da súa novela En vías de extinción.

«A casa de había unha vez«, de Ana María Fernández, o vindeiro mércores na Casa da Lectura de Gondomar

A casa de había unha vez, de Ana María Fernández, centrará o vindeiro mércores a sesión da Casa da Lectura que dinamiza a asociación Espazo Lectura en Gondomar.   A casa de había unha vez O mércores 13 de marzo, o libro protagonista na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura vai ser  A casa de había unha vez (Xerais, 2008),  de Ana Mª Fernández.

Anxela Loureiro estivo no Club de lecura compartida Lendo Contigo, de Espazo Lectura, con «Ota quere voar» e «Viaxe de ida e volta»

Os libros Ota quere voar e Viaxe de ida e volta, de Ánxela Loureiro, centraron o pasado sábado 26 o Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contou coa presenza da autora na Biblioteca de Gondomar.   O sábado 26, nova cita do Lendo Contigo O club de lectura compartida Lendo Contigo ten a súa cita do mes de xaneiro o sábado 26 a partir das 12:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

María Xosé Queizán estará mañá en Gondomar para falar de «Meu pai vaite matar» cos lectores e lectoras de Espazo Lectura

A escritora María Xosé Queizán estará mañá martes no Club de Lectura Sete Vidas que organiza Espazo Lectura en Gondomar para falar da súa novela Meu pai vaite matar.   María Xosé Queizán no club de lectura Sete Vidas O martes 6 de novembro na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a cita mensual co club de lectura Sete Vidas.

Ramón Caride estará no Lendo Contigo, en Gondomar, o sábado 27 con «Andanzas de Xan Farrapeiro»

O libro Andanzas de Xan Farrapeiro, de Ramón Caride, centrará o próximo sábado 27 o Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.

«A aventura sorprendente dun homiño moi valente», de Hans Traxler, na sesión de hoxe da Casa da Lectura de Gondomar

Hoxe, na Casa da Lectura (Gondomar) que xestiona Espazo Lectura a sesión de dinamización lectora vai xirarn en torno ao libro de Xerais A aventura sorprendente dun homiño moi valente,  de Hans Traxler.   Este mércores, na Casa da Lectura, imos descubrir A aventura sorprendente dun homiño moi valente,  de Hans Traxler, editado por Xerais.

«Meu pai vaite matar», de María Xosé Queizán, centrará a seguinte sesión do Club de Lecura Sete Vidas, de Espazo Lectura

O libro Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, centrará a próxima sesión do Club de Lecura Sete Vidas, dedicado á narrativa, que organiza a asociación Espazo Lectura e se celebra na Biblioteca Municipal de Gondomar. A autora do libro, María Xosé Queizán, estará presente na sesión para compartir a súa visión do libro con todos e todas os asistentes.

Pedro Feijoo estivo con «Os fillos do mar» nun dos clubs de Espazo Lectura en Gondomar

O blog de Espazo Lectura publicou unha información sobre a presenza de Pedro Feijoo e a súa novela  Os fillos do mar no Club de Lectura Sete Vidas, na biblioteca de Gondomar.