Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: gondomar

Biblioteca Agustín Fernández Paz en Gondomar

Biblioteca Agustín Fernández Paz en Gondomar

O IES Auga da Laxe (Gondomar) acordou poñerlle á súa biblioteca o nome do escritor Agustín Fernández Paz. Os responsables do centro nunha nota salientan que «É para nós unha satisfacción levar adiante esta iniciativa que queremos que sirva como unha pequena homenaxe a un dos autores máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega.

«Guía das plantas de Galicia»

«Guía das plantas de Galicia»

Onte foi presentada en Gondomar, no marco do ciclo «Queremos tanto aos libros» do IEM, a Guía das plantas de Galicia de Xosé Ramón García.

«Guía das plantas de Galicia», presentación en Gondomar

«Guía das plantas de Galicia», presentación en Gondomar

O vindeiro xoves, 22 de xaneiro, presentarase en Gondomar a Guia das plantas de Galicia de Xosé Ramón García. O acto organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, encadrado no seu ciclo «Queremos tanto os libros», terá lugar ás 20:30 horas na sede do IEM (Avenida da Feira 10, baixo). A presentación do autor correrá a cargo de Xilberte Mando de la Torre.

«Remoldiño vai á feira» en Espazo Lectura de Gondomar

Continuando coa campaña «Voces á orella», organizada por Xerais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o espectáculo Remoldiño vai á feira chegou a Gondomar xestionado por Espazo Lectura. Este espectáculo, baseado no libro homónimo de Xoán Cuba, ilustrado por Óscar Villán, interpretado polos actores Chus Álvarez e Antonio L.