Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: gracia_santorum

Humanos e raposos. Anotación en Trafegando Ronseis sobre «Memorias dun raposo», de Antonio Reigosa

O blog Tragefando Ronseis publica unha anotación de Gracia Santorum sobre Memorias dun raposo, de Antonio Reigosa. Memorias dun raposo Despois de recibir un tremendo paquete, a miña primeira lectura foi para Memorias dun raposo, con ilustracións de Manolo Uhía, publicado pola editorial Xerais. O autor, claro, Antonio Reigosa: o “enviador”.

Os «hoax» como fío condutor e deconstrución: anotación sobre «Ninguén», de Fran Alonso, en Trafegando ronseis

Trafegando Ronseis publica unha anotación de Gracia Santorum sobre Ninguén, de Fran Alonso.   Ninguén Xa a nosa colaboradora Rosa recomendara este libro, pero non quero deixar pasar a ocasión de facelo eu tamén. Tiven a oportunidade de ler Ninguén de Fran Alonso, publicado pola editorial Xerais, co club de lectura virtual Falemos de lecturas este mes que me correspondía a coordinación.

O paso firme dun narrador: Crítica de Gracia Santorum sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Gracia Santorum publica no seu blog, Trafegando ronseis, unha recensión crítica de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. Emporcallándonos de tinta Tiven o honor a ser convidada dende a revista “Grial” a falar do libro de Manuel Portas Un dedo manchado de tinta que publicou Xerais.

«A chave da Atlántida», de Anxo Fariña, Premio Merlín 2011, en Trafegando Ronseis

«A chave da Atlántida», de Anxo Fariña, Premio Merlín 2011, en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica de A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, libro que gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2011. Gracia Santorum, de Trafegando Ronseis, foi membro do xurado. Xa podo “toquetear” este libro que ten un significado especial para min, por formar parte do xurado que lle concedeu o premio Merlín.

Premios Xerais 2011, fotogalerías

Foto de Paz Raña. Na rede comezan a publicarse diversas fotogalerías dos Premios Xerais 2011. A todos os seus autores e autoras, a nosa gratitude. Gracia Santorum. Paz Raña: «A fermosa canción da auga en galego» (usuarios de Fb). Asociación Galega de Editores. Manuel González Vicente.

Premios Xerais 2011 nos blogs

Varios blogueiros e blogueiras comezan a publicar as súas crónicas e comentarios sobre os Premios Xerais 2011. A todos eles a maior gratitude de Xerais. Gracia Santorum, Trafegando Ronseis: «Nos Premios Xerais». Fotos. Xosé Manuel Eyré, Ferradura en tránsito: «Crónica de san Simón, Xerais 2011». Jaureguizar, Cabaret Voltaire: «O Extramunde de Queipo leva o Premio Xerais».

Texto de Gracia Santorum sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Texto de Gracia Santorum sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Gracia Santorum publicou no blog Trafegando ronseis o texto que leu na presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, a pasada semana en Compostela. Reproducímolo integramente: Calquera profesor ou profesora que leve nisto do ensino da nosa lingua uns cantos anos recoñece como capital o nome de Manuel Portas.

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, adianto en pdf e presentación en Compostela mañá xoves 26

Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, será presentada en Compostela mañá xoves 26, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (rúa do Vilar 17). O acto  contará coa participación de Gracia Santorum, Manuel Bragado e Manuel Portas. A continuación actuará o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén), que interpretará as pezas do disco que acompaña a novela.