Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: héctor_carré

Os libros do 2015 escollidos por César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha listaxe na que fala dos que son, ao seu ver, os mellores libros de 2015. Reproducimos os de Xerais:   Biblioteca escollida do 2015 Esta listaxe de libros recomendados do ano que vén de rematar completa estoutra que publicamos no verán.

Unha novela popular, moi entretida, feita con solvencia: «Hai que matalos a todos», de Héctor Carré. Crítica de César Lorenzo Gil

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré.   «Hai que matalos a todos»: O papel é o celuloide dos pobres Hai que matalos a todos, de Héctor Carré, editado por Xerais, é un thriller de papel.

Héctor Carré: «Non todos os xornalistas son como os tertulianos de Sálvame». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a  Héctor Carré sobre súa novela Hai que matalos a todos.   «Non todos os xornalistas son como os tertulianos de Sálvame» Que pasaría se o herdeiro da coroa atropela un home e alguén o grava? Desta pregunta parte o novo libro do escritor e director de cinema Héctor Carré, Hai que matalos a todos (Xerais).

Un verdadeiro trhiller: «Hai que matalos a todos», de Héctor Carré. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un thriller ameno e cinematográfico: «Hai que matalos a todos», de Héctor Carré

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré.

Héctor Carré une novela negra e xornalismo en «Hai que matalos a todos»

O xornal La Voz de Galicia  publica unha información de Xesús Fraga sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré. (Foto de Fran Carrera).

Entretemento e testemuña: «Hai que matalos a todos», de Héctor Carré. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré.

Presentación na Coruña de “Hai que matalos a todos” de Héctor Carré

O xoves, 7 de maio, ás 20:00 horas, na Fnac, praza de Lugo, s/nº da Coruña, terá lugar a presentación do libro Hai que matalos a todos de Héctor Carré. No acto participarán Fran Alonso e Héctor Carré e os actores Daniel Currás, Luisa Merelas e César Cambeiro farán unha lectura dramatizada de textos da novela.

Novidade: «Hai que matalos a todos», de Héctor Carré. Unha novela negra chea de acción e suspense

Hai que matalos a todos, de Héctor Carré, é unha novidade da colección Narrativa. Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación. Os rapaces pretenden vender as imaxes, mais non lles resulta fácil. Cando o CNI descobre a existencia do vídeo encarga ao seu axente Toni Capelán que impida a súa difusión.

Unha ficción con moito suspense: «Hai que matalos a todos» de Héctor Carré. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha anotación sobre Hai que matalos a todos, de Héctor Carré.    «Hai que matalos a todos» de Héctor Carré Hai que matalos a todos, a terceira novela de Héctor Carré conta cun booktrailer máis que interesante.

Unha  novela atraente en torno á febre do volframio. Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Febre», de Héctor Carré

Unha novela atraente en torno á febre do volframio. Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Febre», de Héctor Carré

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novenoites unha recensión crítica de Febre, de Héctor Carré, Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011. A febre do volframio Xa hai ben de anos que o escritor catalán Joles Sennell escribía que a literatura infantil e xuvenil é a que tamén poden ler os nenos e as nenas.

Apaixonante relato: crítica de Paula Fernández sobre «Febre», de Héctor Carré

Apaixonante relato: crítica de Paula Fernández sobre «Febre», de Héctor Carré

Paula Fernández publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de  Febre, de Héctor Carré, Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011.