Publicado o 20 Abril, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Herba moura, de Teresa Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela 2005 – Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005 – Premio Irmandade do Libro á autora do ano 2005 – Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 – Premio da Crítica, 2005 (narrativa).
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2020 nas categorías Infantil, Lectura, Narrativa, Publicacións, Reportaxes, Xuvenil
Publicouse en Vinte unha reportaxe asinada por María Yáñez e Berta Dávila na que se da conta dunha selección dos vinte mellores títulos da ficción literaria escrita en galego publicados nos últimos 20 anos. Na escolma participaron vinte homes e vinte mulleres que gardan relación de diferentes maneiras co ámbito do libro.
Ler máis →
Publicado o 21 Maio, 2014 nas categorías Blogs, Premios_Xerais, Reportaxes, Xerais, Xerais nos blogs
BiosBardia publicou unha reportaxe de César Lorenzo Gil sobre as dez novelas gañadoras do Premio Xerais que resultaron ser as máis vendidas desde a primeira convocatoria (Foto de Manuel G. Vicente).
Os dez premios Xerais máis vendidos
O 7 de xuño coñeceremos o próximo Premio Xerais de Novela.
Ler máis →
Publicado o 15 Outubro, 2012 nas categorías Narrativa, Opinións_lectores/as
Un lector recomendou Herba Moura, de Teresa Moure, para o proxecto Kuentalibros.
Herba Moura
Vítor desde la Ría de Ares nos recomienda un libro en galego, traducido al castellano como “Hierba mora”.
“Herba Moura” é a novela gañadora do Premio Xerais 2005.
Ler máis →
Publicado o 16 Novembro, 2010 nas categorías Narrativa, Reedicións
A sexta edición da novela Herba Moura, coa que a escritora Teresa Moure gañou o Premio Xerais 2005 chega a súa 6ª edición.
Amais do Premio Xerais, a novela foi recoñecida co Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, co Premio Irmandade do Libro á autora do ano 2005, co Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e co Premio da Crítica, 2005 na modalidade de narrativa.
Ler máis →
Publicado o 12 Xullo, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
ALÉGRAME moito a lectura de A Intervención, a nova novela de Teresa Moure. E digo que me alegra porque a autora, pola que sinto declarada predilección, volve a facer literatura de rigor artístico. Velaquí unha novela que entronca co mellor que ten escrito esta intelectual de orixinalísima voz e constante alento artístico.
Ler máis →
Publicado o 20 Maio, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
RENOVADA E COÑECIDA MOURE
Unha máxica combinación de palabras
A quinta entrega de narrativa para o lectorado adulto de Teresa Moure fainos volver á orixe da súa escrita, ás esencias que marcaron dende o comezo a súa traxectoria literaria e cada vez a delimitan máis.Dende a publicación de Herba Moura en 2005, a autora conta cun público fiel que segue tamén a súa produción ensaística con degoiro.
Ler máis →
Publicado o 27 Abril, 2010 nas categorías Adiantos_para_ler, Descargas, Narrativa, Presentacións
Tras a aclamadísima Herba moura, pola que obtivera o Premio Xerais de novela 2005, Benquerida catástrofe e Unha primavera para Aldara, volve aos andeis das librarías Teresa Moure con A intervención, unha novela na que aborda as relacións entre as artes e a natureza, cuestión que xa esculcara no seu ensaio máis recente O natural é político.
Ler máis →
Publicado o 30 Xuño, 2009 nas categorías Facebook, Narrativa, Noticias, Opinións_lectores/as
No perfil de Facebook de Xerais estase desenvolvendo un interesante debate sobre os libros do catálogo da editorial que os seareiros e seareiras recomendan para o verán. Ata o momento as propostas son moi diversas:
Eva Carrión del Pozo recomenda Resistencia de Rosa Aneiros. “Eu téñolle un especial apego a este libro porque, coma quen di, fun aprendendo galego con el.
Ler máis →
Publicado o 18 Abril, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Traducións
Hoxe recibimos as edicións italiana e holandesa da novela Herba moura de Teresa Moure.
A edición italiana Le tre donne di Cartesio , cunha tirada de 14.000 exemplares e encadernación en tapa dura, foi preparada pola editorial Corbaccio do Gruppo Editoriale Mauri Spagnol.
A holandesa Nachtschade, cunha tirada de 3.000, tamén en tapa dura, apareceu na editorial Signatuur.
Ler máis →