Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: historia_da_literatura_galega_III_de_1916_a1936

Xosé Ramón Pena: «Unha das teimas das Irmandades foi a creación dunha novela popular galega»

O xornalista Salvador Rodríguez publicou no Faro de Vigo unha entrevista con Xosé Ramón Pena sobre Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936», de Xosé Ramón Pena, libro máis recomendado pola Tabela dos libros

O libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena, encabeza o ranquing da Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados.  Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Roda de Prensa presentación na RAG do Tomo III da “Historia da Literatura Galega” de Xosé Ramón Pena

O martes, 8 de novembro, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega, Tabernas, 11, A Coruña, terá lugar unha roda de prensa-presentación do libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936 de Xosé Ramón Pena. No acto participarán Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Manuel Bragado, director de Xerais e Xosé Ramón Pena, autor da obra.

A consolidación dunha literatura: «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936», de Xosé Ramón Pena

O xornal El Ideal Gallego publicou unha información sobre o libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena.   A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936», de Xosé Ramón Pena. Das Irmandades da Fala á Guerra Civil

Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena é a terceira entrega do ambicioso proxecto «Historia da Literatura Galega». Continuando o relato iniciado polo primeiro volume –Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)– e polo segundo –Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916.