Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: iria_misa

Un libro necesario e fantástico para dar visibilidade á diversidade: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro.

Novidade: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. A historia de Aine, unha meniña de nove anos que de maior quere ser igual que un músico marciano chamado Ziggy Stardust

Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro, é unha novidade da colección de infantil e xuvenil Sopa de Libros. Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns.

A novela de Iria Misa «Segredos no solpor», no programa «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela Segredos no solpor, de Iria Misa. O programa pode verse nesta ligazón.

Estilo eficaz e capacidade de síntese: crítica de Vicente Araguas sobre «Segredos no Solpor», de Iria Misa

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela Segredos no Solpor, de Iria Misa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Iria Misa: «Aínda que a protagonista afronta situacións adversas, esta novela é un canto ao optimismo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista á escritora Iria Misa co gallo da presentación da novela Segredos no solpor. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela de intriga na que tamén está presente a memoria familiar: «Segredos no solpor», de Iria Misa. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Segredos no solpor, de Iria Misa.   «Segredos no solpor», de Iria Misa Presentamos no serán de onte no Casino de Sabarís e diante de oitenta persoas Segredos no Solpor, a segunda novela de Iria Misa.

Iria Misa: «É preciso que a xuventude abra os ollos ante a realidade da violencia machista, a visible e a invisible»

O programa Chamando á terra da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar á escritora Iria Misa, autora do libro Segredos no solpor. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Iria Misa: «’Segredos do solpor’ pon en valor a importancia das segundas oportunidades»

A web Balea Cultural publicou unha entrevista de Ana Vigo á escritora Iria Misa sobre Segredos no Solpor.   Iria Misa: «’Segredos do solpor’ é a primeira novela que escribín» Iria Misa é profesora e escritora, non necesariamente nesta orde. Gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil por Xa non estou aquí,acaba de publicar a súa nova obra, Segredos no Solpor, novamente da man de Xerais.

Presentación en Baiona de “Segredos no Solpor” de Iria Misa

O venres 13 de abril de 2018, ás 20,00 horas, no Casino de Sabarís, Julián Valverde, 33, Baiona, terá lugar a presentación do libro Segredos no Solpor de Iria Misa. No acto, organizado en colaboración co Casino de Sabarís e a librería Vernet, acompañarán á autora David González e Manuel Bragado.

Violencia de xénero, homosexualidade, amor e amizade nunha novela que engancha: «Segredos no Solpor», de Iria Misa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre novela Segredos no Solpor, de Iria Misa. Segredos no Solpor Iria Misa traénos en Segredos no Solpor publicado por Xerais unha historia de fácil lectura que engancha e estou segura gustará ao meu alumnado de 3º da ESO, unha historia que mestura o amor, o misterio e a violencia dexénero.

Novidade: «Segredos no Solpor», de Iria Misa. Unha engaiolante novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía e as violencias que sofren as mulleres

A novela Segredos no Solpor, de Iria Misa, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.