Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: isidro_dubert

Repensar a identidade galega: «Historia das historias de Galicia». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.

Presentación en Lugo de “Historia das historias de Galicia” edición de Isidro Dubert

O mércores, 25 de maio, ás 20:00 horas, no Círculo das Artes, Praza Maior, 23, de Lugo, terá lugar a presentación do libro Historia das historias de Galicia de Isidro Dubert (edición). No acto, organizado polo Círculo das Artes de Lugo e Xerais, participarán Manuel Gago, F. X. González García, Isidro Dubert e Manuel Bragado.

Un deses libros dos que un sae máis sabio e feliz: «Historia das historias de Galicia». Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.

A necesidade de coñecer a historia en tempos de crise (do nacionalismo). Artigo de Manuel Veiga a partir do libro «Historia das historias de Galicia»

Biosbardia publicou un artigo de Manuel Veiga que reflexiona a partir do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.   A necesidade de coñecer a historia en tempos de crise (do nacionalismo) Dise, aínda que non estou cento por cento seguro de que sexa certo, que a historia é un dos recursos que temos para orientármonos en tempos de crise.

Presentación na Coruña de “Historia das historias de Galicia”

O mércores, 18 de maio, ás 20:00 horas, na librería Sisargas, rúa San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Historia das historias de Galicia en edición de Isidro Dubert. No acto participarán María del Carmen Saavedra, Francisco X. González e Isidro Dubert.

Isidro Dubert: «A idea de doma e castración de Galicia é unha elaboración romántica, unha caricatura que agocha unha realidade moito máis complexa»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao historiador Isidro Dubert sobre o libro Historia das historias de Galicia.

Isidro Dubert: «A sociedade galega foi tremendamente imaxinativa á hora de inventarse»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Isidro Dubert sobre o libro Historia das historias de Galicia. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Contra unha imaxe da historia de Galicia paralizante e negativa do noso pasado. Un libro necesario, oportuno, aberto e divertido

Contra unha imaxe da historia de Galicia paralizante e negativa do noso pasado. Un libro necesario, oportuno, aberto e divertido

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.   «Historia das historias de Galicia» en Couceiro Interesantísima resultou onte a presentación en Couceiro de Historia das historias de Galicia, o fascinante libro colectivo editado por Isidro Dubert.

Relatar a Historia: «Historia das historias de Galicia», de Isidro Dubert (edit.). Artigo de Xosé Ramón Pena

O escritor Xosé Ramón Pena. publicou en Faro de Vigo un artigo sobre o libro Historias das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Historia das historias de Galicia», de Isidro Dubert (edit.), de autoría colectiva. Os cambios sociais, culturais ou ideolóxicos ao contar a historia

Historias das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert, é unha novidade da colección Crónica na que participan Manuel Gago, Francisco González García, José Miguel Andrade Cernadas, Anselmo López Carreira, Ofelia Rey Castelao, Henrique Monteagudo Romero, María del Carmen Saavedra Vázquez, Pegerto Saavedra Fernández, Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto e Edelmiro López Iglesias.

Presentación en Santiago de “Historia das historias de Galicia” ed. Isidro Dubert

O martes, 26 de abril, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, en Santiago, terá lugar a presentación do libro Historia das historias de Galicia ed. de Isidro Dubert. No acto participarán Lourenzo Fernández Prieto, Pegerto Saavedra, Manuel Gago, Manuel Bragado e Isidro Dubert.