Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: jack_london

«A chamada da selva», de Jack London: a loita por sobrevivir. Recensión de Mar Fernández Vázquez

El Correo Gallego publica unha recensión de Mar Fernández Vázquez sobre A chamada da selva, de Jack London, da colección Xabaril.

«A chamada da selva», de Jack London na sección Un libro para cada día de ANT

A chamada da selva, de Jack London, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra Aínda non sabes quen é o cadelo Buck? Redacción. Xerais reedita o clásico xuvenil de Jack London ‘A chamada da selva’, que conta a historia dos buscadores de ouro en Alaska a finais do século XIX. Aventuras contadas desde o punto de vista do can Buck.

Ramón Nicolás comenta as novidades de Xerais

O crítico Ramón Nicolás comenta hoxe as últimas novidades de Xerais no seu blog Caderno da crítica. Reproducimos a continuación o texto: Comeza o novo ano Edicións Xerais de Galicia cun mangado de novidades en diversas coleccións das que cumprirá ir dando conta máis polo miúdo de  aquí en diante.

A colección Xabaril: os clásicos en plena forma. As aventuras de Jack London e o humor de Óscar Wilde

«Se a colección Xabarín foi fundamental para a normalización da nosa cultura a primeiros da década do 1980, Xerais leva recuperando desde hai uns anos títulos fundamentais das letras universais que seguen en plena forma para os lectores do século XXI».

«A chamada da selva», de Jack London, novidade do mes de xaneiro

Un dos clásicos da literatura universal, A chamada da Selva, de Jack London, que se desenvolve nas rexións xeadas de Alaska e constitúe un dos libros máis vendidos da historia de Xerais, publícase agora en Xabaril, nunha fermosa e renovada edición, traducido por Gonzalo Navaza. Jack London nacera en San Francisco no ano 1876 e morreu en Hawai en 1916.