Publicado o 28 Xaneiro, 2010 nas categorías Álbums, Críticas, Xerais_nos_medios
A beleza que presaxian as tapas d’A dama da luz faise patente no momento que comezamos a súa lectura e pasamos a visualizar a fermosura das súas detallistas ilustracións e a deleitármonos coa súa prosa; ambas as dúas compoñentes imprescindibles deste álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz que parte dunha rapaza, Marta, ao tempo protagonista e narrataria, e o seu avó, tamén protagonis
Ler máis →
Publicado o 21 Xaneiro, 2010 nas categorías Álbums, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Premios, Traducións, Xerais, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Recibimos con entusiasmo e agradecemento a noticia dos Premios «Fervenzas Literarias 2009» outorgados polos lectores e lectoras deste espazo de referencia na promoción da literatura galega. Tras os resultados de 2007 e 2008, velaí as obras publicadas por Xerais que resultaron gañadoras:
Monte Louro de Luís Rei Núñez, mellor libro de literatura para adultos.
Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, mellor libro xuvenil.
Ler máis →
Publicado o 15 Outubro, 2009 nas categorías Álbums, Infantil, Noticias, Presentacións
O vindeiro luns, 19 de outubro, ás 20:00 horas presentarase na Casa do Libro de Vigo o álbum A dama da Luz. No acto intervirán Agustín Fernández Paz (autor do texto), Jorge Magutis (autor das ilustracións) e Helena Pérez (editora do álbum).
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2009 nas categorías Álbums, Infantil, Opinións_lectores/as
Lucidísimo comentario de Trafegando ronseis sobre A dama da Luz, o álbum escrito por Agustín Fernández Paz e debuxado por Jorge Magutis. Reproducímolo na súa totalidade:
Fermoso libro, fermoso texto, fermosa historia, fermosas ilustracións. A dama da Luz de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Jorge Magutis, é unha xoia bibliográfica que debemos ter nos nosos andeis. Para abrila de cando en vez.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2009 nas categorías Álbums, Ilustracións, Noticias
Acaba de chegar do prelo a tirada d’ A dama da Luz, un álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz, ambientado no Vigo vello e mariñeiro e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera. A dama da Luz chegará ás librarías na primeira decena de setembro.
Ler máis →