Publicado o 27 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Entrevistas, Infantil, Narrativa, Xuvenil
O blog Lecturafilia publicou un artigo asinado por Tensi Gesteira sobre o o proceso creativo da escritora Ledicia Costas, autora de libros como: Escarlatina, a cociñeira defunta, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A balada dos unicornios. Na narrativa de adultos, escribiu o libro de relatos sobre a memoria Un animal chamado Néboa e a recente novela policiaca Infamia.
Ler máis →
Publicado o 19 Xullo, 2019 nas categorías Fóra de Xogo, Infantil, Mesa Redonda, Narrativa, Noticias, Xuvenil
O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a mesa redonda que mantiveron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban, xunto co director de Xerais, Fran Alonso, no marco da Feira do Libro de Vigo, para falar sobre a relación entre a cidade de Vigo e a literatura.
Ler máis →
Publicado o 17 Xullo, 2019 nas categorías Fóra de Xogo, Infantil, Narrativa, Reportaxes, Xuvenil
O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Ana Abelenda sobre as recomendacións de lectura para o verán de seis escritores, na que se da conta de dous libros publicados por Xerais: Infamia e Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, os dous de Ledicia Costas.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.
Ler máis →
Publicado o 16 Xullo, 2019 nas categorías Infantil, Publicacións, Xuvenil
Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.
Ler máis →
Publicado o 12 Xullo, 2019 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Infantil, Narrativa, Xuvenil
A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais.
As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 9 Xaneiro, 2019 nas categorías Críticas, Infantil, Xuvenil
O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, co gallo da súa publicación en búlgaro.
«Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta»
Ledicia Costas é unha das autoras de maior proxección da literatura galega. As aventuras de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) conquistaron lectoras por toda a parte.
Ler máis →
Publicado o 17 Outubro, 2018 nas categorías Blogs, Entrevistas, Infantil, Xuvenil
O editor Manuel Bragado recolle no seu blog Brétemas a entrevista que mantivo coa escritora viguesa Ledicia Costas, publicada na revista Luzes 60.
Ler máis →
Publicado o 8 Xullo, 2018 nas categorías Autores, Blogs, Feiras_do_libro
Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a conversa na Feira do Libro de Vigo entre a escritora Ledicia Costas e Fran Alonso, director de Xerais, sobre as personaxes femininas nas obras da autora viguesa (Imaxe: bretemas.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2018 nas categorías Entrevistas, Eventos, Fóra de Xogo, Radio, Xuvenil
O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Begoña R. Sotelino á escritora Ledicia Costas, autora da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Así mesmo, o programa Galicia por diante, da Radio Galega tamén emitiu outra entrevista coa escritora viguesa dentro dun espazo no que se informa sobre o Encontro Internacional De Verne a Vigo, dirixido polo xornalista Eduardo Rolland.
Ler máis →
Publicado o 14 Febreiro, 2018 nas categorías Artigos literarios, Eventos
Con motivo de que se cumpren 150 anos desde que o escritor Jules Verne introduciu o submariño Nautilus na ría de Vigo na súa novela 20.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2018 nas categorías Centros de ensino, Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Infantil, Merlín, Narrativa, Poesía, Xuvenil
O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.
Ler máis →
Publicado o 6 Outubro, 2017 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Premios, Xuvenil
A novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, foi seleccionada para a prestixiosa lista The White Ravens 2017.
Ler máis →