Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: la_voz_de_carballo

A xornalista Irene Montero gaña o VIII Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Noticia nos medios de comunicación

A xornalista Irene Montero gaña o VIII Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira pola obra: Lúa Nova. O certame está convocado polo Concello de Ribeira, ten unha gratificación de 3.000 euros e inclúe a publicación da obra por Xerais. (Imaxe: Celada, de Antonio Piñeiro, novela gañadora da sétima edición do certame). A noticia foi recollida polos seguintes medios de comunicación: Diario de Arousa (22-maio-2021).

O Concurso Cidade Centenaria de Ribeira bate o seu récord de participación con 29 obras presentadas. Noticia nos medios de comunicación

O concurso de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira, que convoca o Concello de Ribeira, bate o seu récord de participación con 29 obras presentadas. O gañador darase a coñecer o día 21 de maio. O certame está dotado dunha gratificación de 3.000 euros e inclúe a publicación da obra por Xerais. (Imaxe: Celada, de Antonio Piñeiro, novela gañadora da sétima edición do certame).

Unha historia de amor e intriga nas revoltas estudantís do Santiago dos anos 70: «Celada», de Antonio Piñeiro. Anotación no xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha anotación sobre o libro: Celada, de Antonio Piñeiro, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Nus», de Manuel Gago, entre as novidades que chegan dende Barbanza recomendadas polo xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha anotación sobre o libro: Nus, de Manuel Gago, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«As pombas de Bastián», o novo de María Canosa. Anotación no xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha anotación sobre o libro: As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, publicado por Xerais na colección: Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pepe Carballude: «A finalidade do libro é que o lector se divirta e que vexa que moitas formas de vivir dos romanos perduran» Entrevista no xornal «La Voz de Carballo» sobre «A vida diaria dos romanos»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista de Melissa Rodríguez ao escritor Pepe Carballude sobre o libro: A vida diaria dos romanos, publicado por Xerais na colección: Coñecemento. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha historia chea de mentiras que mantén en alerta ao lector ata a última páxina: «A afogada», de Rocío Leira. Anotación no xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha anotación sobre o libro: A afogada, de Rocío Leira, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Manuel Gago: O novelista que converte en ficción a polémica nudista de Baroña de 1983. Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre «Nus»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista de M. X. Blanco ao escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro estará nas librarías en marzo deste ano 2021. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«Un home estraño», de Antonio Tizón, en formato podcast. Noticia no xornal: «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha noticia sobre a adaptación ao formato podcast do libro: Un home estraño, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «Carvalho Calero foi un auténtico pioneiro en moitos campos». Anotación en «La Voz de Carballo» sobre: «Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha noticia sobre a presentación en Boiro do libro: Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, de Héctor Cajaraville, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Alberto Varela: «Tratei de que fose un cómic entretido que espertase no lector a curiosidade nesa época». Entrevista en «La Voz de Carballo» sobre: «Wolfram»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista asinada por S. G. Rial ao deseñador gráfico Alberto Varela Ferreiro sobre o libro: Wolfram, publicado por Xerais na colección Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

A escritora ceense Rocío Leira gaña o XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra «Afogada». Noticia nos medios e na rede

A escritora ceense Rocío Leira gañou o 22º Certame de Narración Curta Ánxel Fole co traballo titulado: Afogada. O certame está convocado polo Concello de Lugo en colaboración con Xerais. (Imaxe: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, obra gañadora da anterior edición).