Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: la_voz_de_carballo

Unha mirada cara o pasado mariñeiro de O Son: «Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)», de José Manuel Vázquez Lijó. Noticia en «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou una anotación sobre o libro: Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830), de José Manuel Vázquez Lijó, publicado por Xerais na colección: Edición Literaria – Alternativas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

María Canosa: «Esta novela é totalmente feminista, porque pon de manifesto as dificultades que aínda hai hoxe en día». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «O lado do que dormes»

O suplemento La Voz de Carballo, do xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de S. G. Rial á escritora María Canosa sobre o libro: O lado do que dormes publicado por Xerais na colección Milmanda. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha intensa vida de loita por unha democracia que nunca conseguiría: «Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón», de Luis Lamela. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou no seu suplemento La Voz de Carballo unha anotación de Luis Lamela sobre o libro: Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luis Lamela García. O libro está publicado por Xerais na colección: Crónica – Memoria. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ramón Vilar Landeira: «As historias do libro teñen unha base real, pero están peneiradas pola ficción». Entrevista no xornal «La Voz de Carballo» sobre: «Un peixe no parqué»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista de Marta López a Ramón Vilar Landeira sobre o libro: Un peixe no parqué, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os autores galegos están de moda. Noticia no xornal La Voz de Carballo

O xornal La Voz de Carballo, de La Voz de Galicia, publicou unha noticia dedicada aos autores galegos na que da conta de dous libros publicados por Xerais: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas e O Cabo do mundo, de Xabier Quiroga -4ª Edición – Premio da Crítica, 2010-. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Antonio Tizón: «Nesta novela trato de desmitificar a concepción romántica da loucura» Entrevista no xornal «La Voz de Carballo» sobre o libro: «Un home estraño»

O xornal La Voz de Galicia publicou no seu suplemento La Voz de Carballo unha entrevista de F. Rodríguez e M. López co xornalista e escritor Antonio Tizón, sobre o libro: Un home estraño. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Alberto Varela: «Este libro interesa polas poucas referencias que temos de que os viquingos estiveran en Galicia». Entrevista sobre: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou nas súa edición La Voz de Carballo unha entrevista de Melissa Rodríguez co deseñador gráfico Alberto Varela Ferreiro, autor do libro: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.