Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Lapidarias_Os_versos_escuros

Videopoemas sobre David Rodríguez, Manuel Rivas, Carlos Negro e Celso Emilio Ferreiro en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou varios vídeos realizados por alumnos e alumnas de Gracia Santorum a partir de poemas dalgúns libros e autores de Xerais.

Esencia expresiva: «Lapidarias», de David Rodríguez. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o poemario Lapidarias, de David Rodríguez.   Lapidarias. Os versos escuros Con que optimismo se achega un profesor a un libro cando este se produce por recomendación dun alumno! Pois con esta énfase merquei eu este libro, despois de oír ao meu alumno Isidro, unha e outra vez, que David Rodríguez era o seu heroe poético e que teño que buscar o xeito de coñecérmolo.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Lapidarias», de David Rodríguez, ao que califica de «impresionante poemario»

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre o poemario Lapidarias, de David Rodríguez, baixo o título «Contraste do poeta atrapado». Reproducimos algúns fragmentos: Da apocalipse que atoparei -non do paraíso perdido- teño nostalxia (111) Abonda este poema para ensinar o estado de ánimo desde o que David Rodríguez escribe este impresionante poemario.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Lapidarias», de David Rodríguez

No seu blog Caderno da crítica, Ramón Nicolás publica unha recensión sobre Lapidarias. Os versos escuros, o poemario do escritor David Rodríguez. Reproducímola integramente: Debuta David Rodríguez como poeta, que non como autor teatral e ensaísta, con este Lapidarias.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Lapidarias»

O crítico Armando Requeixo aborda nunha recensión o poemario Lapidarias. Os versos escuros, de David Rodríguez.