Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraida

Presentación en Gondomar de “Raíz da fenda” de Berta Dávila

O xoves, 10 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13 de Gondomar, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu . No acto participarán Marta Dacosta, Fran Alonso e Berta Dávila. A autora fará un agasallo a cada un dos asistentes.

Presentación en Gondomar de “As vidas de Nito” de Xabier Paz

O venres, 21 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13 de Gondomar, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz. No acto participarán Camiño Noia, Fran Alonso e Xabier Paz.

Presentación en Gondomar de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O venres, 19 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13 de Gondomar, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Rosa Pascual e Francisco X. Fernández Naval.

Presentación de «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso, en Gondomar

Presentación de «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso, en Gondomar

O xornal Valmiñor.info informa da presentación en Gondomar de Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso.   O escritor Emilio Alonso presenta o seu libro “Vigo a 80 revolucións por minuto” en Gondomar Gondomar será unha vez máis escenario da presentación dunha nova obra literaria galega. Neste caso trátase de Vigo a 80 revolucións por minuto (Edicións Xerais, 2011), do escritor Emilio Alonso.

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» en Gondomar o próximo sábado, con Fran Alonso e Xurxo Souto

O próximo sábado 7 de maio, ás 12,00 horas da mañá, a librería Libraida de Gondomar acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén, por suposto, a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.

«Festina lente», presentación en Gondomar

A libraría Libraida, en colaboración con Edicións Xerais, organiza un encontro co escritor Marcos Calveiro, autor de Festina lente, a novela proposta no club de lectura Sete Vidas para o mes de outubro. O acto, presentado polo profesor Manuel Candelas, celebrarase este venres, 23 de outubro, ás 20.30 horas na libraría Libraida (Rosalía de Castro núm. 13, Gondomar).

«O libro das viaxes imaxinarias», presentación en Gondomar

«O libro das viaxes imaxinarias», presentación en Gondomar

A libraría Libraida de Gondomar acolle o venres 19 de xuño, ás 20.30 horas, a presentación de O libro das viaxes imaxinarias, a última obra de Xabier P.Docampo, ilustrada por Xosé Cobas Gómez. Ao acto asistirán o autor e o ilustrador e estará presentado polo escritor e profesor Gonzalo Navaza.

«Dicionario de Fraseoloxía Galega», presentación en Gondomar

«Dicionario de Fraseoloxía Galega», presentación en Gondomar

O vindeiro xoves, día 9 de outubro, ás 20:30 horas realizarase na Librería Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro 13) o acto de presentación do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. No acto acompañará ás autoras Manuel Rico Verea, xefe do Gabinete de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística na Coruña.