Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_biblos_betanzos

Presentación en Betanzos de “Máis que ver” de Pepe Barro

O martes 25 de setembro ás 20:00 horas, na libraría Biblos de Betanzos, Pepe Barro, autor de Máis que ver, conta historias sobre o deseño na Galiza.

Presentación en Betanzos de “Fálame do silencio” de Pablo L. Orosa

O venres 14 de setembro ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación da novela Fálame do silencio de Pablo L. Orosa.

Presentación en Betanzos de “A arte de trobar” de Santiago Lopo

O martes 15 de maio de 2018 ás 20,00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro A arte de trobar de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. No acto acompañará ao autor, Tucho Calvo.

Presentación en Betanzos de “O anxo negro” de Manuel Gago

O xoves, 13 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación da novela O anxo negro de Manuel Gago. No acto participarán Alfredo Eiras e Manuel Gago.

Presentación en Betanzos de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón

O xoves, 19 de maio, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, na Praza da Verdura de Betanzos, terá lugar a presentación da novela A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto participarán Antonio Tizón acompañado de Nuria Rivera Barcia, educadora social APEM Betanzos.

Presentación en Betanzos de “Izan o da saca” de Xabier Quiroga

O mércores, 16 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, en Betanzos, terá lugar a presentación da novela Izan o da saca de Xabier Quiroga.

Presentación en Betanzos de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O martes, 15 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

Presentación en Betanzos de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O mércores, 16 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, de Betanzos, Manuel Rivas fará unha lectura, presentación e coloquio sobre a súa novela O último día de Terranova.

Presentación en Betanzos de “Nena e o mar” de Érica Esmorís e “Europa express” de Andrea Maceiras

O venres, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015) e Europa express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015). No acto estarán acompañadas polo músico norirlandés Matthew Ward.

Presentación en Betanzos de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O  mércores, 9 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 en Betanzos, terá lugar a presentación da novela A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto participarán Tucho Calvo, Begoña Varela e Xabier Paz.

Presentación en Betanzos de “Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual” de Alonso Montero

O martes, 16 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual de Xesús Alonso Montero. No acto participarán Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.

Presentación de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón en Betanzos

O venres, 10 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, dentro do Ciclo “Os poetas teñen a palabra”, terá lugar a presentación do libro Atravesar o fantasma de Carlos Callón.