Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_cartabón

Sinatura de Ledicia Costas en Vigo

O martes 22 de decembro a partir das 17:00 horas, Ledicia Costas estará asinando as súas obras na libraría Cartabón, Urzáiz 128, Vigo

Elba Pedrosa inicia unha xira de sinaturas de «O que non sabías»

A escritora Elba Pedrosa inicia unha xira de sinaturas do seu libro: O que non sabías que a levará durante os meses de novembro e decembro por librarías de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. O calendario de sinaturas é o seguinte: Libraría Berbiriana (A Coruña). 18 de novembro de 2020. 19.00-20.00 horas. Libraría Couceiro (Santiago de Compostela). 25 de novembro de 2020. 19.00-20.00 horas. Libraría Librouro (Vigo).

Presentación en Vigo de “Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)”

O mércores 19 de febreiro de 2020 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994), coordinado por Xosé Abilleira Sanmartín e Stella Maris González Balbuena. No acto intervirán Xesús Alonso Montero, Dolores Losada Seijo, Agapito Valado e Fran Alonso.

Conversa a redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez

O sábado 11 de xaneiro ás 12:30 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz 125, Vigo, terá lugar unha conversa ao redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez. No acto participarán Éric Dopazo, músico e transactivista; Ana Ojea, docente, activista e titora LGBTIQ+ no Instituto Politécnico de Vigo e María Reimóndez. Haberá vermú e petiscos.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Cambados 2019

Do 16 ao 22 de xuño no Paseo Calzada de Cambados terá lugar a I Feira do Libro de Cambados na que Xerais ten os seguintes actos: Venres 21 de xuño ás 19:15 horas: Presentación de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. Acompañará ao autor Victor Caamaño.       Venres 21 de xuño ás 19:30 horas: Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras na caseta da libraría Cartabón.

Presentación en Vigo de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O mércores 5 de xuño de 2019 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto participarán Ramón Nicolás, Manuel Bragado, Cesáreo Sánchez Iglesias e Fran Alonso.

Presentación en Vigo de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 4 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. A autora estará acompañada de Marga do Val e Fran Alonso.

Presentación en Vigo de “Paseniño, paseniño” de Antonio García Teijeiro

O mércores 14 de novembro de 2018 ás 20:00 h. na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Paseniño, paseniño de Antonio García Teijeiro con ilustracións de Marcos Viso. No acto participarán Xavier Estévez, Marcos Viso, Antonio García Teijeiro e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O luns 29 de outubro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Xurxo Souto e Fran Alonso.

Vídeo da presentación de: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban, na Libraría Cartabón de Vigo

O venres, día 5 de outubro de 2018, presentouse na libraría Cartabón de Vigo o libro: O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban. O acto contou coas intervencións de Ledicia Costasl, Manuel Bradado e o autor. A presentación foi recollida no seguinte vídeo.

Vídeo da presentación de: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás, na Libraría Cartabón de Vigo

O mércores, día 26 de setembro de 2018, presentouse na libraría Cartabón de Vigo o libro: Lapis na noite, de Ramón Nicolás. O acto contou coas intervencións de Carme Álvarez Domínguez, Luz Darriba e o autor. A presentación foi recollida no seguinte vídeo.

Presentación en Vigo de “O meu nome é Ninguén” de Manuel Esteban

O venres 5 de outubro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro O meu nome é Ninguén de Manuel Esteban. O autor estará acompañado por Ledicia Costas e Manuel Bragado.