Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_couceiro

«Nova Nursia», de Héctor Cajaraville, recomendación de lectura da libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura da novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “A crueldade de abril” de Diego Ameixeiras

O martes 22 de maio de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro A crueldade de abril de Diego Ameixeiras. No acto participarán Daniel Salgado, Fran Alonso e Diego Ameixeiras.

«O lobo con botas», de El Hematocrítico, recomendación da libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro O lobo con botas, de El Hematocrítico, traducido por Anaír Rodríguez e con ilustracións de Alberto Vázquez. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “O trapecista da malla de rombos” de Alberto Canal

O mércores 25 de abril de 2018, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal. No acto acompañarán ao autor Diana Pastoriza e Paco Castro Alvaredo.

Presentación en Santiago de “Común temos a patria” de E. X. Ínsua e Xurxo Martínez

O mércores 18 de abril de 2018, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañarán aos autores Miguel Anxo Seixas e Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “O canastro sen tornarratos” de David Rodríguez

O xoves 12 de abril de 2018, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez. No acto acompañarán ao autor Daniel Salgado e  Xosé Manuel Moo.

Presentación en Santiago de “María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito” de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre

O martes 13 de marzo de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. No acto acompañarán ás autoras, Tamara Montero e Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 28 de novembro de 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto participarán Martiño Noriega, Daniel Salgado e Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía” de Xosé Luís Axeitos

O martes, 3 de outubro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía de Xosé Luís Axeitos. No acto acompañarán ao autor, Anxo Angueira, Francisco Fernández Rei e Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “Demos de verán” de Miguel Vázquez Freire

O mércores, 20 de setembro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Demos de verán de Miguel Vázquez Freire. No acto acompañarán ao autor, Paula Carballeira e Manuel Bragado. Ao remate, Paula Carballeira e Chiqui Pereira lerán uns textos seleccionados do libro.

Presentación en Santiago de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O mércores, 24 de maio, 2017, ás 19,45 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto participarán Encarna Otero, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Presentación en Compostela de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín

O martes, 20 de decembro, ás 20:30 horas,  na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. Acompañarán ao autor, Armando Requeixo, Ana Salgado e Manuel Bragado.