Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_couceiro

Presentación de «Cadeas» en Santiago

O mércores, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro , praza de Cervantes 6 de Santiago terá lugar a presentación da novela Cadeas de Xabier López López, premio Xerais de novela 2013. No acto participarán Ramón Nicolás,  Fran Alonso e o autor.

Presentación en Santiago dos novos títulos da colección Biblioteca Dramática Galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Xerais presentan os novos títulos da colección Biblioteca Dramática Galega. O acto terá lugar o martes 3 de decembro, ás 19.00 horas, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6). –ISÓBARAS, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2012.

Presentación «Vento e chuvia» en Santiago

O venres, 22 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. Neste acto os autores, acompañados de Manuel Bragado, contarán o making of do proxecto e Sole Felloza contará unha das historias.

Presentación “Ámote Leo A. Destino xalundes” en Santiago

O mércores, 20 de novembro, ás 12:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Ámote Leo A. Destino xalundes de Rosa Aneiros. No acto participarán Manuel Bragado, Rosa Aneiros e contará coa colaboración especial de alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal de Santiago, acompañados pola profesora Mercedes Espiño.

Presentación de “Os xornalistas utópicos” de Manuel Veiga en Santiago

O mércores, 25 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación da novela Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga. No acto participarán Mario Regueira, Manuel Bragado e Manuel Veiga.

Xesús Alonso Montero presenta «O anxo de Eva» de Marina Mayoral

Xesús Alonso Montero presenta «O anxo de Eva» de Marina Mayoral

Manuel Bragado publica no seu blog unha crónica da presentación da novela de Marina Mayoral en Compostela. Acompañamos a Marina Mayoral na presentación en Couceiro da súa novela máis recente O anxo de Eva. Foi Xesús Alonso Montero, o presidente da Academia Galega, quen glosou a novela e os escritores Berta Dávila e Alberto Ramos os que pecharon a presentación coa lectura do primeiro capítulo da obra.

Presentación en Santiago de “O anxo de Eva” de Marina Mayoral

O mércores, 26 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a prensentación da novela O anxo de Eva de Marina Mayoral. No acto participarán Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado e Marina Mayoral. Os escritores Berta Dávila e Alberto Ramos farán unha lectura do primeiro capítulo da novela.

Presentación de “Cantares gallegos” en Santiago

O xoves, 23 de maio, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a paresentación do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto participarán Manuel Bragado e Anxo Angueira.

Presentación en Santiago de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O mércores, 20 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación de Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto participarán Xesús Ferro Ruibal, Manuel Bragado e Xosé Mª Lema.

Celso Emilio Ferreiro ante a Guerra Civil: reportaxe de Mar Mato sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás

Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato sobre a presentación en Compostela da biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.   A guerra de Celso Emilio Ferreiro O profesor Ramón Nicolás revela novos detalles do poeta nunha biografía MAR MATO – VIGO O levantamento militar do 1936 supuxo para Celso Emilio Ferreiro o paso á escuridade.

Un libro excepcional: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» de Ramón Nicolás

Tanto Brétemas, o blog de Manuel Bragado, director de Xerais, como Caderno da Crítica, o blog de Ramón Nicolás dan conta da presentación onte en Compostela da biografía do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.

Presentación en Santiago de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” de Ramón Nicolás

O mércores, 20 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto participarán Mª Xesús Nogueira, Luís Ferreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.