Publicado o 20 Novembro, 2012 nas categorías Milmanda, Presentacións
O mércores, 21 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro A Estrela de Oriente de Pemón Bouzas.
No acto, participarán Manuel Bragado e Pemón Bouzas.
Ler máis →
Publicado o 24 Outubro, 2012 nas categorías Narrativa, Presentacións
O martes, 30 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Gran tiburón branco de Samuel Solleiro.
No acto, que terá lugar na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, participarán Ana Salgado, Manuel Bragado e Samuel Solleiro.
Ler máis →
Publicado o 29 Maio, 2011 nas categorías Autores, Feminismo, Narrativa, Noticias, Novidades, Presentacións, Traducións
Hoxe domingo chegou a Galicia Salma para participar nos actos de presentación da novela Despois da medianoite, (Irandaan Jaamangalain Kathai ), un fito na literatura tamil, traducida para o galego por María Reimóndez.
Ler máis →
Publicado o 28 Abril, 2011 nas categorías Crónica, Presentacións
O próximo luns 2 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), en Camariñas, a presentación do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero. O acto, organizado por Xerais e a libraría Couceiro, contará coa participación de Antón Santamarina, Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.
Ler máis →
Publicado o 24 Marzo, 2011 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas
A raíz da presentación do libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira, La Voz de Galicia publicou onte unha entrevista co seu autor asinada por Manuel Beceiro.
Ler máis →
Publicado o 23 Marzo, 2011 nas categorías Críticas, Crónica, Noticias
Onte presentouse na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira, acto no que participaron Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Bragado e o propio Dionísio Pereira. A noticia está amplamente recollida na prensa, tanto en Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Xornal de Galicia e La Voz de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 18 Marzo, 2011 nas categorías Crónica, Presentacións
O próximo martes o martes, 22 de marzo Xerais, conxuntamente co proxecto interuniversitario Nomes e Voces e a Libraría Couceiro, presentará o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira, que se celebrará ás 20,00 horas, na Libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, en Santiago de Compostela.
Ler máis →
Publicado o 20 Xaneiro, 2011 nas categorías Etnografía, Presentacións
O próximo martes día 25 terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.
Ler máis →
Publicado o 26 Novembro, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Presentacións, Vídeos
Couceiro from Fernando Lema on Vimeo.
Eis o magnífico vídeo que preparou Fernando Lema do acto da presentación o pasado 14 de outubro na praza de Cervantes de Todo é silencio de Manuel Rivas, organizado pola Libraría Couceiro. Iria Peña canta o fado «Chaves da vida», acompañada nas guitarras por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.
Ler máis →
Publicado o 19 Novembro, 2010 nas categorías Narrativa, Presentacións
O próximo xoves 25 de novembro terá lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes) a presentación da novela Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, cuxa primeira edición esgotou todos os exemplares á semana da súa saída. O acto contará coa participación de Dolores Vilavedra.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Presentacións
O coitelo en novembro, a última novela de Marilar Aleixandre, será presentada o vindeiro xoves na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
O acto, que contará coa intervención de Víctor Freixanes, Manuel Bragado e a propia autora, terá lugar ás 20,00 horas, nas instalacións da librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela).
Ler máis →
Publicado o 15 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Presentacións
Onte tivo lugar a presentación do último libro de Manuel Rivas, Todo é silencio, que se celebrou 19,30 horas, diante libraría Couceiro, coorganizadora do acto. A Praza de Cervantes de Santiago de Compostela acolleu un evento ao aire libre no que tamén estiveron presentes a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara, así como o editor Manuel Bragado.
Ler máis →