Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: librería_biblos_betanzos

Presentación en Betanzos de “O ceo das reixas” de Eli Ríos

O xoves 26 de setembro ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro O ceo das reixas de Eli Ríos.

Presentación en Betanzos de “Un home estraño” de Antonio TIzón

O mércores 22 de maio, ás 19:30 h., na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto contará coa participación de Cándido Barral e Antonio Tizón e será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Presentación en Betanzos de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 19 de decembro de 2018 ás 20,00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto.

Presentación en Betanzos de “Luns” de Eli Ríos

O luns 27 de novembro de 2017, ás 19:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, Eli Ríos, autora da novela Luns, manterá un encontro co Club de Lectura do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Esta actividade é aberta ao público en xeral.

Presentación de “Terra” de Xurxo Mariño en Betanzos

O xoves, 18 de maio, ás 20:00 horas, na libraría Biblos de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo de Xurxo Mariño. O acto contará coa intervención de Moncho Bouzas, do Batallón Literario da Costa da Morte.

Presentación en Betanzos de “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” de Ledicia Costas

O mércores, 9 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4, en Betanzos, terá lugar a presentación do libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas. Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015 No acto participarán Manuel Bragado e Ledicia Costas.

O protagonista bipolar de “A antesala luminosa”. Texto de Nuria Rivera Barcia

Nuria Rivera Barcia.

Presentación en Betanzos de “O solpor da cupletista” de Mª Xosé Queizán

O mércores, 12 de marzo, ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación de O solpor da cupletista de Mª Xosé Queizán. No acto participarán Manuel Bragado e Mª Xosé Queizán.

Presentación de “Sete Caveiras” de Elena Gallego Abad en Betanzos

O mércores, 26 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación da novela Sete Caveiras de Elena Gallego Abad.

Presentación de “Vento e chuvia” de Manuel Gago en Betanzos

O venres, 15 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. No mesmo acto, Manel Cráneo presentará o seu BD Torre dos Mouros publicado por Demo Editorial.

Presentación en Betanzos de “Cartas de inverno. Novela gráfica” de Antonio Seijas

O mércores, 16 de outubro,  ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto participarán Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Betanzos de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O mércores, 11 de setembro, ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos,  terá lugar a presentación de A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Xabier López e Francisco X. Fernández Naval. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.