Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: librería_cronopios

Presentación en Pontevedra de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O xoves 12 de decembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Cronopios, Frei Juan de Navarrete 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto a xornalista Susana Pedreira entrevistará a Pedro Feijoo.

Presentación en Pontevedra de “Infamia” de Ledicia Costas

O mércores 22 de maio de 2019, ás 19:30 horas, na libraría Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto a xornalista Susana Pedreira conversará con Ledicia Costas.

Presentación en Pontevedra de “Michigan/Acaso Michigan” de Antón Reixa

O venres 23 de novembro de 2018 ás 19:30 horas, na libraría Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira entrevistará a Antón Reixa, autor do libro Michigan/Acaso Michigan.

Presentación en Santiago de “O exército de fume” de Manuel Gago

O xoves, 5 de xullo, 2018, ás 20,00 horas, na Librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Santiago, terá lugar a presentación da novela O exército de fume de Manuel Gago.

Presentación en Pontevedra de “Fóra de si” de Suso de Toro

O venres 6 de abril de 2018 ás 19:30 horas, na librería Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Fóra de si de Suso de Toro. Susana Pedreira, xornalista en Onda Cero, entrevistará a Suso de Toro.

Lectura e sinatura de exemplares da novela “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez en Pontevedra

O xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Cronopios, rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, en Pontevedra, terá lugar a lectura de textos da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto participarán a xornalista María Varela, o escritor Xaime Toxo e o autor Luís Rei Núñez que asinará exemplares ao remate da lectura.

Pedro Feijoo: «A heroicidade está nas pequenas cousas diarias»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo ao escritor Pedro Feijoo  na libraría Cronopios sobre a súa última novela,  Morena, perigosa e románica. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Morena, perigosa e románica” de Pedro Feijoo

O xoves, 29 de outubro, ás 19:30 horas, na librería Cronopios, rúa  Frei Juan Navarrete, 5, Pontevedra, a xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira, entrevistará, nun acto aberto ao público,  ao escritor Pedro Feijoo pola súa novela Morena, perigosa e románica.

Dolores Redondo: «As historias máxicas da miña novela proceden da miña avoa galega»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo á escritora Dolores Redondo en torno ao libro Ofrenda á tormenta na libraría Cronopios de Pontevedra.

A escritora Dolores Redondo visita Galicia

A semana do 16 ao 20 de febreiro, Dolores Redondo, autora da exitosa triloxía ambientada no Val de Baztán, visitará Galicia para manter varios encontros cos seus numerosos lecto@s Os tres títulos, O gardián invisible, Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta , publicados por Xerais na colección Narrativa, están traducidos a trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, norueg

Suso de Toro: «A sensación de crise profunda da sociedade tamén opera dentro de min»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo ao escritor Suso de Toro en torno ao libro Somnámbulos na libraría Cronopios de Pontevedra.

Suso de Toro: «Un escritor ten que comprender a todos os seus personaxes»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a conversa entre Susana Pedreira e Suso de Toro en torno ao libro  Somnámbulos.     Suso de Toro conversa con Susana Pedreira Apaixonante resultou seguir a conversa que Suso de Toro mantivo onte coa xornalista de Onda Cero Susana Pedreira na libraría Cronopios de Pontevedra arredor de Somnámbulos.