Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: liquidación_de_existencias

Actos de Xerais na Feira do Libro de Ourense

Do 3 ao 8 de xuño, na túa do Paseo de Ourense, terá lugar a Feira do Libro na que Xerais organiza os actos seguintes: O venres, 3 de xuño,   ás 20:00 horas, Luís Manuel García Mañá asinará exemplares de Por que as sombras non teñen ollos.

O mellor Ramón Caride: «Liquidación de existencias». Texto de Domingo Tabuyo

O blog Novenoites publica a intervención de Domingo Tabuyo Romero na presentación do libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   Liquidando, que é xerundio “Con LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS regresa ao panorama literario, da novela curta ou dos relatos, o mellor Ramón Caride. Ese escritor poliédrico,  policreativo e multipremiado, e con cada vez, maior e merecidamente, mellor valoración na nosa Escrita.

Ramón Caride: «Para min a arte é algo curioso, ou divertido, ou absurdo, pero non me deixa indiferente nunca»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Ramón Caride.   Entrevista a Ramón Caride – Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Ramón Caride: A literatura como actividade é unha parte inseparábel da miña vida. O acto físico de ler ou escribir ocúpame sempre un bo anaco do día.

Presentación en Cambados de “Liquidación de existencias” de Ramón Caride

O venres, 13 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo Torrado, en Cambados, terá lugar a presentación dos libros Liquidación de existencias e Xeografías do deserto (libro CD) de Ramón Caride. No acto participarán Domingo Tabuyo, María Leyra, Manuel Bragado e o autor e tamén contará coa actuación musical dos participantes no libro CD: Ramón Núñez, Sito Suárez e Sara Caride.

Liquidación de Existencias

Lamentamos a coincidencia fortuíta de títulos entre a novela Liquidación de existencias (2016) de Ramón Caride e a obra Liquidación de Existencias de Marcos Lorenzo, publicada por Difusora de Letras, Artes e Ideas (2005). Tanto Xerais como Ramón Caride expresamos as nosas desculpas polos prexuízos que esta coincidencia de títulos puidese ter ocasionado a Marcos Lorenzo e a Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Tertulia de Chus Nogueira e Amando Requeixo en torno a «Cara ao leste» e «Liquidación de existencias» no ZigZag Eirado

O programa Zig Zag Eirado emitiu unha tertulia de crítica literaria con Chus Nogueira e Armando Requeixo, que conversaron en torno a dous libros publicados recentemente por Xerais: a novela Cara ao leste, de Antía Nara,  e o libro de relatos Liquidación de existencias, de Ramón Caride. A tertulia pode verse premendo nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Pontevedra 2016

Do 5 ao 10 de abril, na Praza da Ferrería e Paseo Odriozola, terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais ten organizados os actos seguintes: O día 5 de abril, martes ás 19:00 horas, Alberto Fortes dará o Pregón e ao remate o escritor asinará exemplares do seu último libro O dobrón de a oito.

Diversión e reflexión: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Dolores Martínez Torres

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Lectura agradable, rica, chea de complicidades e chiscadelas: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Antonio Piñeiro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Antonio Piñeiro sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   Liquidación de existencias, de Ramón Caride. Andrés e mais Cesar, o Cesariño, dous mozos estudantes e vividores en Compostela, planifican a execución dun secuestro exprés mentres transitan pola noite santiaguesa.

Interrogantes sobre o presente: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   O cotián como inspiración Velaquí unha nova entrega de Ramón Caride na que brilla o escalpelo crítico aplicado a unha sorte de «Apocalipse Selfie», operativa para retratar os nosos días.

Ramón Caride: «Liquidación de existencias é un reflexo deste mundo convulso»

A edición de Ourense de La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xosé Manoel Rodríguez  a Ramón Caride sobre o libro Liquidación de existencias.

Ramón Caride: «Se podes contar una historia nunha páxina, para que vas escribir catro?»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Ramón Caride sobre o libro Liquidación de existencias. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.