Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: lista_de_honra_do_ibby

Ledicia Costas: «Con este libro quixen escribir sobre unha desaparición e incidir na dor dos pais». Entrevista na revista Vanity Fair sobre: «Infamia»

A revista Vanity Fair publicou unha noticia asinada por Laura Mas sobre Infamia, de Ledicia Costas.

Un libro sinxelo e fácil de ler que consegue encandilar ao lector: «Aire negro», de Agustín Fernández Paz. Anotación de Antía Suárez

Antía Suárez publicou no seu blog, Antíasreadings unha anotación sobre o libro: Aire negro, de Agustín Fernández Paz. O libro gañou o Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2001 – Lista de Honra do IBBY,2002 – Premio Protagonista Jove, 2002, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Entrega do diploma da «Lista de Honra do IBBY 2018» a «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas, recibiu o diploma que acredita a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY no ano 2018. O acto de entrega tivo lugar no marco do 36º Congreso Mundial do IBBY, celebrado en Atenas do 30 de agosto ao 1 de setembro pasados.

“Lendo lendas, digo versos” de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, Lista de Honra do IBBY 2018

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa  e con ilustracións de Xosé Cobas foi nomeado para a Lista de Honra do IBBY, 2018. Cada dous anos se publica en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY que inclúe os libros que se consideran sobresaíntes pola calidade dos textos, ilustracións ou traducións.

«Lendo lendas, digo versos» na Lista de Honra de IBBY. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas, que foi seleccionado para a Lista de Honra do IBBY 2018.

Antonio García Teijeiro: «O libro traslada a esencia das lendas populares á poesía»

O xornal Faro de Vigo publica unha entrevista de Elena Beltrán a Antonio García Teijeiro sobre o libro Lendo lendas, digo versos, que escribiu canda Antonio Reigosa , ilustrado por Xosé Coba, que acaba de ser seleccionado para a Lista de Honra do IBBY 2018. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

O libro «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, seleccionado para a Lista de Honra do IBBY

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Coba, foi seleccionado para a Lista de Honra do IBBY 2018, segundo informou a OPLI, que deu a coñecer as obras elixidas. A lista recolle de xeito bianual unha selección dos libros máis significativos de recente publicación que se editan no mundo, en función do seu interese e calidade.

Ledicia Costas: «Decidín deixar o oficio de avogada e meterme de cheo na escrita»

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Ledicia Costas sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, a novela gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, que foi seleccionada para a lista do IBBY do bienio 2015-2016 e tamén resultou elixida como Mellor libro infantil para os lectores de Fervenzas Literarias. Escarlatina, a cociñeira defunta estase a converter nun verdadeiro fenómeno literario.

«Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas, entra na lista de honra do IBBY

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrada na lista do IBBY de Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.    «Escarlatina» na lista de honra do IBBY Recibimos con satisfacción a noticia da elección de Escarlatina. A cociñeira defunta de Ledicia Costas para formar parte da Lista de Honra do IBBY do bienio 2015-2016.

Marcos Calveiro: «Este recoñecemento abre ás portas a que a miña obra se traduza a outras linguas do mundo»

Radio Obradoiro puxo a disposición dos oíntes na súa web a entrevista radiofónica que se lle fixo a Marcos Calveiro pola inclusión de Palabras de auga nas nas Listas de Honra do IBBY. A entrevista pode escoitarse neste enlace.

«Palabras de auga», de Marcos Calveiro, incluído nas Listas de Honra do IBBY

A novela infantil Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín de Literatura Infantil 2012, acaba de ser incluído nas Listas de Honra do IBBY, entre os nove libros que presentou á selección a OEPLI (Organización Española para el Libro Infanil y Juvenil). Recentemente, a revista CLIJ publicou unha ficha sobre este libro, que pode descargarse en pdf neste enlace.

«O único que queda é o amor» e «A noite do risón» incluídos na Lista de Honra do IBBY 2010

Forest Zhang, director de Administración do IBBY, comunicou a editorial a inclusión na Lista de Honra do IBBY 2010 d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e d’ A noite d’ O Risón de Gonzalo Moure pola calidade da tradución realizada por Ignacio Chao. Ambos os dous títulos foron publicados a finais do ano 2007 na colección xuvenil ilustrada.