Publicado o 5 Xullo, 2011 nas categorías Blogs, Cómic, Críticas
La cárcel de papel publica unha recensión crítica de Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.
Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011.
Ler máis →
Publicado o 4 Xullo, 2011 nas categorías Cómic, Críticas
José Miguel Giráldez publica en El Correo Gallego unha recensión crítica de Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.
Sempre é tempo de Lois Pereiro: unha gran mirada ao poeta doutro xeito
FORON XA MOITOS os achegamentos á obra de Lois Pereiro durante o ano no que se lle dedicou (con toda xustiza) o Día das Letras Galegas.
Ler máis →
Publicado o 29 Xuño, 2011 nas categorías Cómic, Críticas
Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano. Reproducímolo integramente ao tempo que aproveitamos para informar de que xa está en marcha a fabricación da 2ª edición deste libro, dado que a primeira se esgotou con rapidez.
A banda de Lois
Jacobo Fernández Serrano ten un especial ollar para as cousas das nosas letras.
Ler máis →
Publicado o 28 Xuño, 2011 nas categorías Autores, Feiras_do_libro
Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo
Día 1 venres ás 19:30 horas: Pregón a cargo de Iolanda Zúñiga.
Día 4 luns, 20:30 horas: Presentación de Dragal II. A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad. Intervirán Manuel Bragado, Miguel Abad e a autora.
Día 5 martes, 19:30 horas: Presentación de Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2011 nas categorías Uncategorized
Mar Mato publicou en Faro de Vigo unha reportaxe sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.
Ler máis →
Publicado o 23 Xuño, 2011 nas categorías Cómic, Críticas
A libraría Banda Deseñada Cómics recomenda no seu blog Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano. Reproducímolo a continuación:
Siguiendo la senda de las biografías institucionales, inaugurada con A voz herdada, llega ahora al mercado Lois Pereiro Breve Encontro, una biografía sobre el finado poeta gallego.
Ler máis →
Publicado o 17 Xuño, 2011 nas categorías E-books, Ensaio
Xa é posible ler a Lois Pereiro en formato e-book. Modesta propisición e outros ensaios está a disposición dos lectores e lectoras desde o espazo de Xerais en Todoebook.
Deste xeito, unha das obras máis emblemáticas de Pereiro pasa a estar dispoñible en formato e-PUB ao prezo de 8 euros.
Ler máis →
Publicado o 17 Xuño, 2011 nas categorías Monografías, Novidades
Que lle podo ofrecer a qun me intente? é un monográfico sobre Lois Pereiro coordinado por Anxo Angueira e Teresa Bermúdez Montes e coeditado por Xerais e a Universidade de Vigo.
Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 10 Xuño, 2011 nas categorías Autores, Noticias, Poesía, Premios, Traducións
O poemario Non son de aquí, de María do Cebreiro, publicado en galego por Xerais e traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira, así como a Poesía completa de Lois Pereiro, traducida por Jonathan Dunne, optan ao prestixioso Premio Popescu para a tradución de poesía, que outorga a Poetry Society británica con carácter bianual. Ao premio compiten 73 candidaturas de 25 idiomas e será fallado no vindeiro mes de setembro.
Ler máis →
Publicado o 9 Xuño, 2011 nas categorías Cómic
Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra de Lois Pereiro, o poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011.
Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino.
Ler máis →
Publicado o 2 Xuño, 2011 nas categorías Clásicos, Críticas, Ensaio
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica unha recensión crítica de Estro Montaña sobre Modesta propisición e outros ensaios, de Lois Pereiro. Reproducímola integramente:
Chamada á sabotaxe
Cunha rosa e un bisturí
Sen dúbida, a imaxe máis coñecida de Lois Pereiro é a de poeta. Non obstante, hai tamén un Pereiro comprometido coa vida e o pensamento.
Ler máis →
Publicado o 23 Maio, 2011 nas categorías Clásicos, Críticas, Poesía
O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Poesía completa, de Lois Pereiro nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Reproducímola integramente:
Poeta Pereiro completo
Precedido dun prólogo de Ana Acuña –quen se fixo cargo da edición e das notas a pé de páxina–, tan discreto e serio como a prologuista é –e semella–, aparece un volumen con todos os poemas de Lois Pereiro.
Ler máis →