Publicado o 16 Novembro, 2011 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
Valmiñor.info informa das xornadas que o IEM organizou en Baiona, durante o transcurso das que participarán varios autores de Xerais, presentando os últimos libros que publicamos na colección Crónica centrados na memoria histórica: Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España de Federico Cocho; Loita de clases e represión no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira; e A memoria e o esquecemento.
Ler máis →
Publicado o 5 Outubro, 2011 nas categorías Crónica, Presentacións
O vindeiro venres, 7 de outubro, ás 20:00 h., terá lugar a presentación do libro Loita de clases e a represión franquista no mar (1864-1939) de Dionísio Pereira. A presentación, na que participarán Carlos Velasco, Xosé Manuel García Crego e Dionísio Pereira, terá lugar na Biblioteca Municipal de Marín, rúa Ourense, 8 de Marín. Este acto é unha iniciativa da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín.
Ler máis →
Publicado o 26 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
Gustavo Hervella publica no último número de Protexta unha longa reportaxe baixo o título de «Lecturas de represión, violencia e ditadura», durante a que se realiza un repaso de dous libros publicados por Xerais recentemente: Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira; e Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero.
Ler máis →
Publicado o 25 Marzo, 2011 nas categorías Críticas, Crónica, Narrativa
Dolores Vilavedra publica na sección Luces de El País a súa Rolda de Letras. Extraemos os parágrafos referidos ás novidades de Xerais:
Leva tempo Xerais apostando polos libros que abertamente toman partido por certas causas urxentes: nesta ocasión cómpre saudar o de Yasmina Shawki, Fundación Libélula, onde as sinxelas historias de catro mulleres nos mergullan no mundo do maltrato e a explotación feminina.
Ler máis →
Publicado o 11 Febreiro, 2011 nas categorías Crónica, Novidades
Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira é unha das novidades da colección Crónica do mes de febreiro.
Ler máis →
Publicado o 16 Decembro, 2010 nas categorías Crónica, Entrevistas, Noticias
O xornal Galicia Hoxe inclúe unha longa entrevista, asinada por Montse Dopico, co historiador Dionisio Pereira, autor de Loita de clases e represión franquista no mar 1864-1939, un libro que Xerais publicará o vindeiro mes de febreiro e que sairá dentro da colección Crónica.
Ler máis →