Publicado o 23 Abril, 2020 nas categorías Lectura, Redes sociais
Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).
Ler máis →
Publicado o 2 Abril, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Poesía
O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Long Play, de Lois Pérez, publicado por Xerais na colección Poesía.
Recensión: Lois Pérez, «Long Play»
Un dos obxectivos destas publicacións especiais para a corentena era espir un pouco a miña biblioteca particular e amosar o eclecticismo que (creo que) caracteriza os meus estantes.
Ler máis →
Publicado o 15 Outubro, 2019 nas categorías Críticas, Poesía, Televisión
Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre o libro: Long Play, de Lois Pérez Díaz, publicado por Xerais na colección Poesía.
A súa intervención pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 18.46″.
Ler máis →
Publicado o 6 Novembro, 2018 nas categorías Entrevistas, Poesía, Radio
O poema Blues do Rei Bermang = B.B.King, incluido no libro Long Play, de Lois Pérez , gañou o Premio aRi(t)mar Galiza e Portugal ao mellor poema publicado en Galicia. ARi(t)mar é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago para difundir a música e a poesía editada nos dous lados da raia e para achegar a cultura e a lingua dos dous países.
Ler máis →
Publicado o 22 Maio, 2018 nas categorías Poesía, Premios
A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela deu a coñecer os autores gañadores do certame aRi[t]mar galiza e portugal aos mellores poemas publicados en Galicia e en Portugal en 2017. Nesta edición os elixidos foron Lois Pérez, por “Blues do rei Bergman = B.B. King (Long Play, Xerais, 2017), e Alexandre Brea, por “Com o ritmo da chuva” (O livro branco, Livros de Ontem, 2017).
Ler máis →
Publicado o 9 Abril, 2018 nas categorías Entrevistas, Poesía, Radio
O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Lois Pérez, autor do libro Long Play.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 4 Abril, 2018 nas categorías Entrevistas, Poesía
O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Pérez sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez.
A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 22 Marzo, 2018 nas categorías Poesía, Presentacións
O sábado 24 de marzo de 2018, ás 12,30 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, tera lugar o “Vermú entre libros” co poeta Lois Pérez autor de Long Play que estará acompañado por Santiago Lopo.
Ler máis →
Publicado o 21 Marzo, 2018 nas categorías Poesía, Presentacións
O venres 23 de marzo de 2018, ás 20:30 horas, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez.
No acto participarán Antonio Reigosa, Paco Piñeiro, Xulio do Canelo, Fran Bouso e Lois Pérez.
Ler máis →
Publicado o 9 Marzo, 2018 nas categorías Blogs, Críticas, Poesía
O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez.
«Long Play», de Lois Pérez
Tras poucos meses nas librarías Long Play, de Lois Pérez, acadou xa unha segunda edición, o que sempre supón unha moi feliz noticia. Tras achegarme ao libro non resulta de estrañar por moitas razóns.
Ler máis →
Publicado o 5 Marzo, 2018 nas categorías Poesía, Presentacións
O venres 9 de marzo de 2018, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez.
No acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, participarán Martiño Maseda, Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Lois Pérez.
Ler máis →
Publicado o 23 Febreiro, 2018 nas categorías Entrevistas, Poesía, Radio
O programa Lugo en la Onda de Onda Cero emitiu unha entrevista co poeta, contacontos e deportista Lois Pérez, autor do libro Long Play.
Ler máis →