Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: lourenzo_fernández_prieto

Presentación en Santiago de “O exército de fume” de Manuel Gago

O xoves, 5 de xullo, 2018, ás 20,00 horas, na Librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Santiago, terá lugar a presentación da novela O exército de fume de Manuel Gago.

O relato dos labregos: «Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga. Información de Noelia Gómez

O xornal Sermos Galiza publicou unha información de Noelia Gómez sobre a presentación en Compostela da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada.

Presentación en Santiago de “Todo ser humano é un río” de Manuel Veiga Taboada

O mércores, 2 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Todo ser humano é un río de Manuel Veiga Taboada. No acto participarán Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Veiga Taboada.

Presentación en Santiago de “Historia das historias de Galicia” ed. Isidro Dubert

O martes, 26 de abril, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, en Santiago, terá lugar a presentación do libro Historia das historias de Galicia ed. de Isidro Dubert. No acto participarán Lourenzo Fernández Prieto, Pegerto Saavedra, Manuel Gago, Manuel Bragado e Isidro Dubert.

A Galicia moderna dos anos 20 e 30 coutada polo golpe de estado do 36: «Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez. Así mesmo, reproducimos un vídeo da presentación coa intervención musical de Manolo Maseda gravado por @onosolar.

Presentación en Santiago de “Juan Rof Codina” de Diego Conde Gómez

O xoves, 25 de febreiro, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez.

Presentación de “Juan Rof Codina” de Diego Conde Gómez n’A Coruña

O xoves, 11 de xuño, ás 19:30 horas, na sede do Colexio de Veterinarios da Coruña, rúa da Profesora María Puga Cerdido, s/nº A Coruña, terá lugar a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez.

Antón Reixa: «Vaca ou morte, venceremos»

O libro sagrado da vaca. A biblia dos agnósticos de Galicia. Un acto de patriotismo. Un chamado a entender de onde vimos. Mesmo un libro erótico dedicado a un animal icónico da cultura e a economía do país.

«No país das vacas» de Xurxo Lobato

Anunciamos a aparición de No país das vacas de Xurxo Lobato, un libro fotográfico que, ademais de render tributo visual á vaca, pretende constituírse nunha icona de modernidade e autoestima para o noso sector agrogandeiro.