Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Manuel Rivas

Finalistas de Xerais nos Premios da Edición 2012

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios da Edición, que se entregarán o vindeiro 15 de marzo en Vigo durante a VIII Noite da Edición.

Roda de prensa presentación de “O máis estraño. Contos reunidos” de Manuel Rivas

Mañá, mércores, 26 de outubro, ás 12:00 horas na Libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a roda de prensa-presentación do libro O máis estraño. Contos reunidos de Manuel Rivas.

“Todo é silencio” de Manuel Rivas será publicada en inglés e francés

Todo é silencio, a máis recente novela de Manuel Rivas,  será publicada en francés pola editorial Gallimard e en inglés por Harvill Secker, selo de Random House. Nesta mesma editorial publicouse, no pasado mes de febreiro, a edición de peto d´ Os libros arden mal ( Books Burn Badly) na Colección Vintage, logo da gran acollida da edición en tapa dura aparecida hai un ano.

«Todo ben», a primeira novela de Manuel Rivas

A Nosa Terra, nesa estupenda sección denominada «Un libro para cada día», faise eco da reedición na colección Fora de Xogo, de Todo ben, a primeira novela de Manuel Rivas, «unha historia ambientada no Brasil, con moito fútbol, algo de amor e unha chisca de intriga».

«Os libros arden mal», no spoken word de San Simón

«Os libros arden mal», no spoken word de San Simón

Mañá sábado, o escritor Manuel Rivas estará no spoken word da illa de San Simón organizado por AGADIC. No acto, Rivas parte da lectura de fragmentos da novela Os libros arden mal para establecer un diálogo creativo con dous músicos (o guitarrista Gastón Rodríguez e o serruchista Pulpiño Viascón) e co cantante de tangos Marcos Meléndrez. O acto dará comezo ás 18:00 horas e é aberto ao público.