Publicado o 26 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa, Premios_Xerais
Manuel Candelas publica no seu blog, Arume dos piñeiros, unha recensión crítica sobre Periferia, a novela de Iolanda Zuñiga que foi Premio Xerais de Novela 2010. A recensión crítica remata con estas palabras: «Eu, con esta Periferia, coloquei xa a Iolanda Zúñiga no máis alto da literatura galega. A ver se cunde o exemplo deste volcán literario que temos aquí diante».
Ler máis →
Publicado o 16 Outubro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais nos blogs
Manuel Candelas publica no seu blog Arume dos Piñeiros unha crítica de Todo é silencio. Recollemos apenas un dos parágrafos dun texto no que se analiza moi polo miúdo o texto recente de Manuel Rivas:
Esta novela de Rivas Todo é silencio (cuxo título rememora o verso rosaliano) tampouco defrauda esa determinación previa.
Ler máis →
Publicado o 11 Xuño, 2010 nas categorías Merlín, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Vídeos
O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010 que dende hai seis anos se celebran na illa de San Simón. No acto, que durará arredor dunha hora, intervirá a escritora Fina Casalderrey como mantedora literaria e os «Alegres da Buraca» no apartado musical.
Ler máis →
Publicado o 4 Xuño, 2010 nas categorías Merlín, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais
Reunido hoxe, 4 de xuño de 2010, no castelo de Soutomaior o xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.
Ler máis →
Publicado o 28 Maio, 2010 nas categorías Noticias, Premios_Xerais
Edicións Xerais de Galicia, unha vez pechado o prazo de admisión de orixinais dos seus premios literarios 2010, nomeou aos membros dos dous xurados.
O xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.
Ler máis →
Publicado o 1 Maio, 2010 nas categorías Críticas, Música, Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais nos blogs
Settecento é unha Fraga. A imaxe proxectada sobre Venezia como un bosque invertido (“sterminata foresta capovolta, stai passeggiando sopra un incredibile bosco alla rovescia”), xa que está sostida por milleiros de piares de madeira submerxidos, mineralizados, tamén vale para este libro de Calveiro.
Ler máis →
Publicado o 23 Abril, 2010 nas categorías Adiantos_para_ler, Descargas, Narrativa, Noticias, Presentacións
Tras o éxito que obtivera con Festina lente, Marcos Calveiro volve con Settecento visitar a Compostela doutrora, desta volta da man do mesmísimo Antonio Vivaldi, unha novela que constitúe un intrigante e vertixinoso relato que o confirma como un dos novelistas primeiros do noso tempo.
Ler máis →
Publicado o 22 Outubro, 2009 nas categorías Clubs_de_lectura, Narrativa, Noticias, Presentacións
A libraría Libraida, en colaboración con Edicións Xerais, organiza un encontro co escritor Marcos Calveiro, autor de Festina lente, a novela proposta no club de lectura Sete Vidas para o mes de outubro. O acto, presentado polo profesor Manuel Candelas, celebrarase este venres, 23 de outubro, ás 20.30 horas na libraría Libraida (Rosalía de Castro núm. 13, Gondomar).
Ler máis →