Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_gago

Programa de Xerais no Culturgal 2013

Xerais estará presente no Culturgal 2013, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. Aquí o programa de presentacións, conversas con autores e autoras da editorial. Venres 29 de novembro 13:15 horas, Espazo do libro: Encontro con lectores  de Marcos Calveiro, autor de Todos somos.

Presentación «Vento e chuvia» en Vigo

O venres, 29 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida das Camelias 102, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. Neste acto os autores, acompañados de Ramón Domínugez, contarán o making of do proxecto.

Manuel Gago: «Sabemos máis de 300 nomes de persoas da época dos castros». Entrevista no ZigZag da TVG sobre «Vento e chuvia»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista de Pilar Rego a Manuel Gago polo seu libro sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.

Manuel Gago: «Hai que humanizar os castros». Entrevista na Radio Galega co autor de «Vento e chuvia», magnífico divulgador

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a a Manuel Gago polo seu libro sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.

Novidade: «Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia», de Manuel Gago. Historias fermosas da noite dos castros

Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo é unha das novidades desta tempada. Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes.

Presentación «Vento e chuvia» en Santiago

O venres, 22 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. Neste acto os autores, acompañados de Manuel Bragado, contarán o making of do proxecto e Sole Felloza contará unha das historias.

Presentación de “Vento e chuvia” de Manuel Gago en Betanzos

O venres, 15 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. No mesmo acto, Manel Cráneo presentará o seu BD Torre dos Mouros publicado por Demo Editorial.

Manuel Gago: «Isto é un auténtico tesouro cultural, descoñecido para o 98% da poboación galega». Entrevista de Xurxo Salgado

Galicia Confidencial publica unha entrevista de Xurxo Salgado a Manuel Gago e Manel Cráneo pola próxima aparición do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.     «Os deuses da Idade do Ferro seguen camuflados entre nós a través do catolicismo» Como se supón que eran os deuses da Galicia castrexa?. A quen protexían e a que dominaban?. Quen osadoraba?.

Manuel Gago: «Queremos tender unha ponte entre os que habitaron os castros e a xente do século XXI». Entrevista en Radio Obradoiro

Radio Obradoiro emitiu unha entrevista a Manuel Gago polo seu libro sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de próxima aparición. A entrevista pode escoitarse neste enlace.

«Vento e chuvia» devolve á vida os deuses castrexos». Presentado o proxecto transmedia de Manuel Gago e Manel Cráneo

La Voz de Galicia publica unha información der Tamara Montero sobre a presentación onte do proxecto Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo.

Manuel Gago: «O libro é unha experiencia física e por iso quixemos facer algo máis». Entrevista a Gago e Cráneo sobre «Vento e chuvia» en Praza Pública

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Manuel Gago e Manel Cráneo pola próxima aparición do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.   «Galicia é un país cun vínculo tan forte coa Idade de Ferro que até Feijóo vive agora nun castro» Entre a divulgación, a historia e fantasía móvense Manuel Gago e Manel Cráneo no seu novo proxecto conxunto. Trátase de Vento e Chuvia.

Presentación de “Vento e chuvia” de Manuel Gago en Santiago

O mércores, 30 de outubro, ás 20:00 horas na Igrexa da Universidade, Praza da Universidade en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Vento e Chuvia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. Participarán Manuel Bragado (director de Xerais), Marco García Quintela (catedrático de Historia Antiga da USC), Manel Cráneo e Manuel Gago.