Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_gago

Manuel Gago: «O gran público aínda descoñece a relación entre Galicia e a II Guerra Mundial, por iso seguen aparecendo obxectos, datos e historias.» Entrevista a Manuel Gago no «Galicia por Diante»

O programa da Radio Galega Galicia por Diante emitiu unha entrevista co escritor Manuel Gago con motivo do achado dun submarino alemán da II Guerra Mundial afundido fronte á Estaca de Bares, un episodio que se recrea na súa última novela, O exército de fume. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Ficción orientada á recuperación dunha identidade galega esquecida ou agochada, nun concienciudo labor de construción de memoria.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presentación en Santiago de «O exército de fume», de Manuel Gago

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a presentación en Santiago da novela O exército de fume, de Manuel Gago (Imaxe: bretemas.gal)   «O exército de fume» de Manuel Gago, presentación en Compostela Presentación memorable a de onte en Cronopios na que estreamos en Compostela O exército de fume, a segunda novela de Manuel Gago.

Manuel Gago: «A época que se recrea na novela está moi presente no Barbanza en xeral, e en particular nos recordos da miña familia.» Entrevista en «Sermos Galiza» sobre «O exército de fume»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado ao escritor Manuel Gago sobre o seu libro O exército de fume (Imaxe: Sole Felloza).

Presentación en Santiago de “O exército de fume” de Manuel Gago

O xoves, 5 de xullo, 2018, ás 20,00 horas, na Librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Santiago, terá lugar a presentación da novela O exército de fume de Manuel Gago.

Manuel Gago: «Os nazis que chegaron a Galicia na II Guerra Mundial eran como os mouros: estaban interesados no subsolo, tiñan riquezas inmensas, non se sabía moi ben de onde viñan e eran moi perigosos.»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Manuel Gago, autor da novela O exército de fume. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Gago: «O mosquetón do Foucellas é, en parte, o culpable da existencia desta novela.» Entrevista de David González en «Palabra de Gatsby» sobre «O exército de fume»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Manuel Gago sobre a súa última novela, O exército de fume. Manuel Gago: «Quería escribir unha historia que cambiase o paso, que falase dos guerrilleiros doutro xeito; sen eludir os luscofuscos, porque os heroes do século XXI son imperfectos e cheos de contradicións» Manuel Gago Mariño (Palmeira, 1976) é vilego, da Pobra do Caramiñal.

Novidade: «O exército de fume», de Manuel Gago. Un poderoso relato de acción no que se mesturan historia, ficción e lenda

O exército de fume, de Manuel Gago, é unha novidade da colección Narrativa. Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza. Unha mestra recibe o seu primeiro destino nunha distante aldea da Costa da Morte.

Manuel Gago: «Na literatura galega hai pouco novelado sobre os guerrilleiros e, cando se fai, refírese sempre á súa derrota.» Reportaxe de Jaureguizar sobre «O exército de fume»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Jaureguizar sobre a novela O exército de fume, de Manuel Gago. A reportaxe pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Manuel Gago: «Esta novela é unha mestura de historia, ficción e lenda ambientada no ano 1942, cando dúas guerras ocultas en Galicia acaban xuntándose.» Entrevista en «Galicia por Diante» sobre «O exército de fume»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por Diante da Radio Galega, entrevistou a Manuel Gago, autor da novela O exército de fume, unha das novidades de Xerais para este mes de xuño. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Booktráiler de «O exército de fume», a nova novela de Manuel Gago, un dos lanzamentos de Xerais para o mes de xuño

Xa se pode ver o booktráiler realizado por Manuel Gago e Sole Felloza para anunciar o lanzamento da nova novela de Manuel Gago, O exército de fume, que Xerais publicará durante o mes de xuño.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

A Tertulia do Club de Lectura de Radiofusión entrevista a Manuel Gago e debate sobre «O anxo negro»

O Club de lectura Radiofusión debate sobre a novela  O anxo negro, de Manuel Gago, en compaña do autor. A entrevista ao autor e as valoracións dos asistentes poden escoitarse nesta ligazón.