Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: Manuel Iglesias Turnes, escritor
Publicado o 21 Xullo, 2017 nas categorías Autores, Premios_Xerais, Vídeos
Publicado o 11 Novembro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O domingo, 13 de novembro, ás 16:00 horas, na Eira da Xoana, a carón do Castelo de Pambre n’ Agolada, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Encarna Otero e Manuel Iglesias Turnes.
Publicado o 28 Outubro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. A recensión pode lerse nesta ligazón.
Publicado o 20 Xullo, 2016 nas categorías Fóra de Xogo, Narrativa, Presentacións, Sinatura
O luns, 25 de xullo, na Galería das Letras e das Ideas, no Campus Universitario Sur, en Santiago de Compostela, terá lugar unha nova edición do Festigal no que Xerais organiza os actos seguintes: A partir das 18:00 horas: Sinatura de Manuel Rivas A partir das 19:00 horas: Sinatura de Manuel Iglesias Turnes Ás 20:00 horas: Presenstación de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, de Ledicia Costas.
Publicado o 15 Xuño, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 17 de xuño, ás 22:00 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Anselmo Ramos Martínez, gandeiro e concelleiro de medio ambiente de Vimianzo; Cándido Iglesias Turnes, gandeiro; César Ramos Domínguez, mestre do CEIP de Santa Comba e Manuel Iglesias Turnes.
Publicado o 1 Xuño, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 3 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, en Carballo, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto, organizado pola Biblioteca Rego da Balsa e Xerais, participarán Encarna Otero e Manuel Iglesias Turnes.
Publicado o 27 Maio, 2016 nas categorías Entrevistas, Narrativa
A web Campo galego publicou unha entrevista de David Glez. Eirexas a Manuel Iglesias Turnes, que publcou a súa segunda novela Que non te aten. «Non quixera ver o rural galego en mans de multinacionais e non dos gandeiros» Entrevista a Manuel Iglesias Turnes, autor de “As rapazas de Xan” e de “Que non te aten”, dúas novelas que retratan o pasado e o presente do rural galego.
Publicado o 23 Maio, 2016 nas categorías Entrevistas, Feiras_do_libro, Narrativa, Presentacións
O xornal El Progreso publica unha entrevista de Marta Veiga a Manuel Iglesias Turnes, que presentou a súa novela Que non te aten na Feira do Libro de Lugo. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Publicado o 16 Maio, 2016 nas categorías Feiras_do_libro, Narrativa, Presentacións
O venres, 20 de maio, ás 20:00 horas, dentro do programa da Feira do Libro de Lugo, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. O autor estará acompañado de Manuel Bragado.
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 28 de abril, ás 19:00 horas, na Escola de Música San Xosé de Muros, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán María Xosé Alfonso Torres, alcaldesa de Muros; Pilar Sampedro, mestra e activista cultural e Manuel Iglesias Turnes.
Publicado o 22 Abril, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.
Publicado o 15 Abril, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O sábado, 23 de abril (DÍA DO LIBRO), ás 21:30 horas, na Casa da Cultura de Bembibre, en Val do Dubra, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Encarna Otero, Cándido Iglesias, Celsa Oreiro e Manuel Iglesias Turnes.