Publicado o 9 Marzo, 2016 nas categorías Sin categoría
O venres, 11 de marzo, ás 21:30 horas, na Capela da Madalena, en Arzúa, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.
No acto, organizado polo Concello de Arzúa e Xerais, participarán Che Turnes, Manuel Bragado e Manuel Iglesias Turnes.
Ler máis →
Publicado o 9 Marzo, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
A web Adiante Galicia publicou unha recensión crítica de Rafael Lema Mouzo sobre a novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. A mesma recensión foi publicada tamén polo Diario de Bergantiños.
Na sección de cultura de Adiante Galicia falamos hoxe da segunda novela de Manuel Iglesias Turnes, Que non te aten. Un artigo da autoría do noso colaborador e escritor, Rafael Lema Mouzo.
Ler máis →
Publicado o 8 Marzo, 2016 nas categorías Entrevistas, Narrativa
A web Culturagalega publicou unha entrevista de Manuel Gago a Manuel Iglesias Turnes sobre a novela Que non te aten.
Manuel Iglesias Turnes: «Escribo para a xente que nunca leu en galego»
O escritor presenta Que non te aten, unha historia da mocidade no rural actual
A novela Que non te aten (Xerais, 2016) de Manuel Iglesias Turnes está a dar moito que falar.
Ler máis →
Publicado o 7 Marzo, 2016 nas categorías Blogs, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.
«Que non te aten», novela de intención revolucionaria
A presentación de Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes en Couceiro foi outro éxito rotundo.
Ler máis →
Publicado o 1 Marzo, 2016 nas categorías Artigos literarios, Narrativa
Pablo Vaamonde publicou en diversos medios un artigo sobre as novelas de Manuel Iglesias Turnes, que acaba de dar á luz a novela Que non te aten.
O futuro será rural
Estes días estiven relendo as dúas novelas publicadas por Manuel Iglesias Turnes. Na primeira, As rapazas de Xan, recrea con acerto e emoción o mundo dos seus avós, as penurias da aldea e a busca dun futuro mellor nas Américas.
Ler máis →
Publicado o 29 Febreiro, 2016 nas categorías Blogs, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.
«Que non te aten» de Manuel Iglesias Turnes en Negreira
Onte contei 114 participantes na Casa da Cultura de Negreira no acto da presentación de Que non te aten, a segunda novela de Manuel Iglesias Turnes.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 3 de marzo, de 2016, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.
No acto participarán Suso de Toro, Pablo Vaamonde, Manuel Bragado e Manuel Iglesias Turnes.
Ler máis →
Publicado o 24 Febreiro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 26 de febreiro, 2016, ás 21:00 horas na Casa da Cultura, San Mauro, 11, de Negreira, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.
O acto contará coa participación de Suso de Toro, profesor e escritor; Pablo Vaamonde, médico e escritor; Cándido Iglesias, gandeiro; Che Turnes, empresario; Manuel Bragado, director de Xerais e Manuel Iglesias Turnes, autor.
Ler máis →
Publicado o 24 Febreiro, 2016 nas categorías Entrevistas, Narrativa
A revista Afriga publicou unha entrevista a Manuel Iglesias Turnes sobre a súa nova novela, Que non te aten.
«Hai unha xente moi preparada á fronte das explotacións: é o que quero que vexa o mundo urbano»
Sae Que non te aten, a nova novela do rural galego de Manuel Iglesias Turnes, editada por Xerais. Falamos co autor das súas claves.
—A túa primeira obra, As rapazas de Xan, tivo moi boa acollida.
Ler máis →
Publicado o 22 Febreiro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O Diario de Arousa publicou unha recensión sobre a novela Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes.
A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 19 Febreiro, 2016 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
Pablo Vaamonde publica no seu blog unha crítica sobre Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes.
«Que non te aten», segunda novela de Manuel Iglesias Turnes
Manuel Iglesias Turnes estreouse como escritor en 2012 -cando xa tiña ben cumpridos os sesenta- cunha novela, As rapazas de Xan, que narra a vida nunha aldea de Galicia na primeira metade do século vinte.
Ler máis →
Publicado o 18 Febreiro, 2016 nas categorías Narrativa, Novidades
Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes, é unha novidade da colección Narrativa.
Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite.
Ler máis →