Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_maría_buscando_un_país

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

Carlos Callón recomenda a lectura de «Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada

Carlos Callón recomenda en Sermos Galiza a lectura do libro  Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón.

Conferencia de Manuel Veiga Taboada sobre Manuel María (Letras Galegas 2016)

O luns, 9 de maio, ás 20:30 horas, na Biblioteca de Caldas, paseo Román López, 9, o xornalista Manuel Veiga Taboada, autor de Manuel María. Vida, versos e rebeldía e Manuel María, buscando un país dará unha conferencia sobre Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016.

Contar a vida e a poesía de Manuel María cun enfoque intelixente a través dos ollos de Manuel Veiga e Xosé Lastra. Artigo de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón, e tamén sobre o libro Manuel María. Vida, versos e rebeldía, de Manuel Veiga e Xosé Lastra, ilustrado por Nuria Díaz.

Encontro con Manuel Veiga en Gondomar

O xoves, 7 de abril, ás 20:30 horas, na librería Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13, en Gondomar,  terá lugar o encontro co escritor Manuel Veiga autor dos libros Manuel María, buscando un país e Manuel María. Vida, versos e rebeldía.

Palabra sinxela, exacta e sen bombo:«Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Distinto, de lectura rápida e moi ben escrito: «Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón.

Novidade: «Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada. Unha visión sintética, persoal e amena do escritor das Letras Galegas 2016

Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada é unha novidade de Xerais para as Letras Galegas 2016. O libro está ilustrado por Víctor Tizón. Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país.