Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_portas

«Denso recendo a salgado» de Manuel Portas

UNHA VOZ SÓLIDA MANUEL PORTAS REALIZA A SÚA PRIMEIRA INCURSIÓN NARRATIVA CUNHA NOVELA DE XINEA CINEMATOGRÁFICA E PERSPECTIVA XERACIONAL Manuel Portas era coñecido, ata o de agora, alén do seu labor docente e da súa actividade política desenvolta no concello de Santiago de Compostela, por ser o autor dun manual de sociolingüística convertido, por dereito propio, nun volume de inexcusable referencia durante a práctica totalidad

«Denso recendo a salgado» de Manuel Portas, presentación en Vigo

O vindeiro xoves, 24 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro de Vigo (Rúa Eduardo Iglesias 12), presentarase Denso recendo a salgado, a primeira novela de Manuel Portas. No acto acompañará ao autor o editor Fran Alonso.

«A sinfonía da vida», entrevista en «Galicia hoxe» con Manuel Portas

Manuel Portas retrata na súa primeira novela as vidas dunha serie de personaxes insatisfeitos coa súa existencia, co mundo donarcotráfico de fondo Xente común, que arela un cambio na súa vida. Persoas que se senten insatisfeitas, atrapadas nun día a día sempre previsible. Son os protagonistas de Denso recendo a salgado, a primeira novela de Manuel Portas, que publicou Xerais recentemente.

«Denso recendo a salgado» de Manuel Portas, presentación en Vilagarcía

O mércores, 2 de xuño, ás 20:30 horas na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía (Avenida da Mariña s/nº), presentarase a novela de Manuel Portas Denso recendo a salgado. No acto, organizado por Xerais e o concello de Vilagarcía, acompañarán ao autor Emilio Ínsua, Xosé Castro Ratón e Manuel Bragado.

Manuel Portas, entrevista en «El Correo Gallego»

Sandra Cuíña entrevista en El Correo Gallego a Manuel Portas con motivo da publicación de Denso recendo a salgado, a súa primeira novela.

«Denso recendo a salgado» gabada por Dolores Vilavedra

Denso recendo a salgado de Manuel Portas: a grande novidade literaria da primavera Sen dúbida a gran novidade literaria desta primavera é a estrea como novelista de Manuel Portas, a quen botabamos de menos na vida política. Mais logo de ler Denso recendo a salgado cómpre recoñecer que se cadra foi mellor perder un político e gañar un novelista.

«Denso recendo a salgado», primeira novela de Manuel Portas

O vindeiro xoves, 6 de abril, chegará ás casetas da Feira do Libro de Compostela os primeiros exemplares de Denso recendo a salgado, a novela coa que debuta en Xerais Narrativa o profesor Manuel Portas. Ese mesmo día, ás 20:00 horas na carpa da Feira presentarase a obra nun acto no que acompañarán ao autor Aurora Marco, Xosé A. Sánchez Bugallo, Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Xerais preparou un importante programa de actividades para a Feira do Libro, que se celebrará no Paseo Central da Alameda de Santiago de Compostela, entre o 1 e o 9 do vindeiro mes de maio. Día 1 sábado 13:00 horas: Pregón a cargo de Marcos Calveiro. 19:30 horas: Ricardo Gurriarán asinará exemplares do seu último libro Inmunda escoria. 20:00 horas: Presentación da novela Settecento de Marcos Calveiro.