Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_seixas

Saír dun burato negro: «Interferencias», de Manuel Seixas

O Faro de Vigo publicou unha información de Anxo Martínez sobre a novela Interferencias, de Manuel Seixas. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Polos eidos da emoción e da vida: «Interferencias», de Manuel Seixas. Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre a presentación de Interferencias, de Manuel Seixas. Manuel Bragado, director de Xerais, tamén publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación e os actos dos Venres nas Librarías.

Optimismo desde a escuridade: «Interferencias», de Manuel Seixas, para compartir e conmover

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Interferencias, de Manuel Seixa     «Interferencias», o regreso de Manuel Seixas Presentamos onte na libraría Couceiro de Compostela Interferencias, a novela coa que regresa Manuel Seixas.

A novela «Interferencias», de Manuel Seixas, o libro máis recomendado pola Tabela dos libros

A novela Interferencias, de Manuel Seixas, encabeza a clasificación dos libros máis recomendados do verán na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que catro críticos/as escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Presentación en Vigo de “Interferencias” de Manuel Seixas

O venres, 9 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Cartabón, rúa Urzáiz, 125, de Vigo, terá lugar a presentación da novela Interferencias de Manuel Seixas. No acto, organizado dentro do programa “Os venres nas librerías”, participarán Estela Estévez, Manuel Bragado e o autor.

Cando a vida xoga connosco: «Interferencias», de Manuel Seixas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Interferencias, de Manuel Seixas.       Interferencias Debo recoñecer que cando comecei a ler Interferencias de Manuel Seixas, publicado por Xerais, estiven a piques de deixalo en varios momentos. Non me atraía, e pensei que iamos estar unha vez máis ante a típica historia de amor. Pero errei.

Presentación na Illa de Arousa de “Interferencias” de Manuel Seixas

O sábado, 3 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio da Illa de Arousa, terá lugar a presentación da novela Interferencias de Manuel Seixas. O acto contará coa participación de Carlos Blanco e Manuel Seixas que farán un pequeno concerto/recital poético a dúo.

Presentación en Santiago de “Interferencias” de Manuel Seixas

O venres, 2 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Interferencias de Manuel Seixas. No acto participarán María Pérez Vázquez, Manuel Bragado e Manuel Seixas.

Manuel Seixas: «Interferencias é unha novela escrita coa cabeza que doe»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Manuel Seixas, sobre a súa novela Interferencias.

As novidades literarias de Xerais, no blog de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha anotación sobre as últimas novidades literarias de Xerais.     Edicións Xerais: abondosa colleita para o remate do verán Aínda que non é un feito illado, desexo salientar a abondosa e variada restra de publicacións que Edicións Xerais vén de poñer a disposición do lectorado galego neste remate do verán 2015.

Novidade: «Interferencias», de Manuel Seixas. O agardado regreso á narrativa do autor de «A velocidade do frío», Premio Xerais 1996

Interferencias, de Manuel Seixas, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis.