Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: marcopola_a_illa_remeira_avoa_power

Unha pasada! Xenial!: «Marcopola 4. Avoa Power», de Jacobo Fernández Serrano. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión de Marcopola 4. Avoa Power, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, unha nova entrega da serie Marcopola.     Marcopola: Avoa Power Jacobo Fernández Serrano realiza unha nova entrega das aventuras desta Illa Remeira que publica Xerais: Marcopola 4.

«Esmeraldina, a pequena defunta», «Marcopola 4. Avoa power» e «O cociñeiro Martiño» encabezan os libros máis vendidos nas categorías de Infantil, Banda Deseñada e Álbum Ilustrado

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de febreiro e marzo a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. A categoría infantil continúa encabezada por Ledicia Costas, con Esmeraldina, a pequena defunta.

Jacobo Fernández Serrano: «Marcopola ten humor, fantasía, épica e debuxo limpo para que saia unha aventura atractiva»

O blog Metrópoles delirantes publicou unha entrevista de Nieves Rodríguez a Jacobo Fernández Serrano sobre Marcopola.

Jacobo Fernández Serrano: «As miñas personaxes queren xogar… e xogamos coas palabras, coas cores, coas ideas, coas emocións»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritore ilustrador  Jacobo Fernández Serrano sobre Marcopola 4. Avoa Power, unha nova entrega da serie Marcopola. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Jacobo Fernández Serrano: «O cómic deixou de lado o público infantil para reivindicarse como medio de expresión artística adulta»

O xornal dixital Praza Pública publica unha entrevista de Romina Bal a Jacobo Fernández Serrano sobre Marcopola 4. Avoa Power, unha nova entrega da serie Marcopola.

Magnífica proposta de lectura: «Marcopola 4. Avoa Power», de Jacobo Fernández Serrano. Anotación en Brabádegos

A web de literatura infantil e xuvenil Brabádegos publicou na súa páxina de Facebook unha valoración sobre Marcopola 4. Avoa Power, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, unha nova entrega da serie Marcopola.   Marcopola Marcopola. A avoa power de Jacobo Fernández Serrano en Xerais chega ao souto. Se aínda non coñeces a Marcopola, se aínda non lestes ningún número é q non estades no mundo.

A novela gañadora do Premio Xerais, «A ira dos mansos», de Manuel Esteban, encabeza a lista de libros máis vendidos; Ledicia Costas lidera a infantil e xuvenil e Jacobo Fernández Serrano a de cómic

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de outubro e novembro a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. A novela gañadora do último Premio Xerais de Novela, A ira dos mansos, de Manuel Esteban, encabeza a lista dos libros máis vendidos na categoría de Narrativa.

«Marcopola 4. Avoa Power», de Jacobo Fernández Serrano. Un personaxe capaz de solucionar coa pintura os problemas que a xente lle formula

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación de Marcopola 4. Avoa Power, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, unha nova entrega da serie Marcopola.