Publicado o 26 Marzo, 2019 nas categorías Críticas, Memorias
A revista Tempos Novos publicou unha anotación de Marga do Val sobre o libro Vivir a galope, de María Xosé Queizán. O libro está publicado por Xerais na colección Memorias.
A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 2 Xaneiro, 2019 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres 4 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018.
A autora estará acompañada de Marga do Val e Fran Alonso.
Ler máis →
Publicado o 19 Febreiro, 2018 nas categorías Ensaio, Presentacións
O martes 20 de febreiro de 2018, ás 19,00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas, Biblioteca Pública Central, Joaquín Yañez, 6-2º, Vigo terá lugar a presentación do libro Rosalía de Castro e o poder sexual de María Xosé Queizán.
No acto participarán a autora e Marga Doval.
Ler máis →
Publicado o 23 Xaneiro, 2014 nas categorías Enciclopedias, Natureza
A raíz da publicación da novela O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán, que inclúe un ensaio de investigación titulado «Carolina Otero, a liberdade arrogante», Marga do Val e María Xosé Queizán mantiveron unha conversa publicada en Sermos Galiza asinada pola primeira.
Ler máis →
Publicado o 2 Maio, 2011 nas categorías Premios
O sábado pola noite falláronse en Santiago de Compostela os Premios AELG, concedidos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.
En libros de Xerais recaeron os galardóns de tres das categorías.
Na categoría de Narrativa, o premio foi para Todo é silencio, de Manuel Rivas.
Na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil o premio foi para O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro.
Ler máis →
Publicado o 4 Marzo, 2011 nas categorías Ensaio, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Poesía, Premios, Teatro, Traducións, Xerais, Xornalismo, Xuvenil
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados.
Blog Literario
1.
Ler máis →
Publicado o 2 Febreiro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Enlazamos as magnificas palabras de María Xosé Queizán sobre Randea o alento, a novela de Herta Müller, na presentación do libro na librería Andel, reproducidas no blog de Feministas Independentes Galegas. Poden lerse completas no blog de FIGA. Reproducimos un pequeno extracto:
Teño reflexionada sobre o feito de que en momentos de grandes traxedias e sufrimentos colectivos pode haber persoas que encontren a felicidade.
Ler máis →
Publicado o 13 Xaneiro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios, Traducións
O crítico Xesús González Gómez publica en A Nosa Terra unha recensión sobre Randea do alento, da premio Nobel alemana Herta Müller, calificándoa como unha obra «impoñente». Ademais, a novela, traducida pola escritora Marga do Val, será presentada mañá venres na librería Andel de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 7 Xaneiro, 2011 nas categorías Narrativa, Premios, Presentacións, Traducións
A libraría Andel acollerá o próximo venres 14 a presentación da novela Randea do alento, da premio Nobel alemana Herta Müller, traducido pola escritora galega Marga do Val. O acto, que contará coa participación de María Xosé Queizán, Valentín Arias, Marga do Val e Manuel Bragado,
terá lugar o vindeiro ás 20,00 horas. A libraría Andel está na rúa Pintor Lugrís, 10, enVigo.
Ler máis →
Publicado o 3 Xaneiro, 2011 nas categorías Narrativa, Traducións
Na súa sección «Un libro para cada día», A Nosa Terra recomenda Randea do alento, de Herta Müller, a última novela da Premio Nobel alemana:
Leo Auberg é un mozo de 17 anos que é deportado, xunto cos outros alemáns habitantes de Romanía, a un campo de concentración soviético situado en Ucraína.
Ler máis →
Publicado o 13 Decembro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións
Baixo este título, «Herta Müller, unha Nobel en lingua galeg» recomendou A. M.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2010 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa, Traducións
O escritor Xosé Carlos Caneiro aplaudiu, no seu artigo de La Voz de Galicia, a publicación de Randea do alento, de Herta Müller, sinalando que: «aquí, dende a voz dun personaxe magnífico (pola súa perfección dende óptica literaria), entramos e sentimos a voz da dor máis extrema, das ausencias que marcan a pel e os adentros, das palabras que nos seguen a definir e salvar, incluso, da sevicia e a enaxenación dos perversos.
Ler máis →