Publicado o 21 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa, Premios
O Faro da Cultura publica hoxe unha recensión crítica de Laura Caveiro sobre Randea do alento, de Herta Müller, Premio Nobel do pasado ano. Aínda que tamén pode lerse en pdf, reproducímola integramente:
Herta Müller e nós
O inverno máis profundo
De Herta Müller, penúltimo Nobel de literatura, xa podíamos ler en galego O home é un grande faisán no mundo, publicada na serie “As literatas” de Xerais.
Ler máis →
Publicado o 5 Outubro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Traducións
Randea do alento, a última novela da Premio Nobel alemana Herta Müller, traducida ao galego por Marga do Val para Xerais, preséntase esta tarde na Biblioteca Municipal de Tui. O acto terá lugar ás 20 horas e nel participará a propia tradutora, así como María Xosé Queizán, escritora e directora da colección As Literatas, de Xerais; e Montserrat Bascoy Lamelas, doutora en filoloxía xermánica.
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2010 nas categorías Artigos literarios, Autores, Narrativa, Premios, Traducións
O poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello fala hoxe da obra literaria de Herta Müller, traducida ao galego por Xerais, con motivo da aparición nas librarías da última novela da Premio Nobel alemana, Randea do alento. No seu artigo do xornal Galicia Hoxe, titulado «Herta Müller en galego», Fernán Vello sinala a calidade da súa obra literaria.
Ler máis →
Publicado o 28 Setembro, 2010 nas categorías Adiantos_para_ler, Narrativa, Premios, Traducións, Xerais_nos_medios
As páxinas de cultura do Galicia Hoxe recollen a publicación de Randea do alento, de Herta Müller, a segunda novela da Premio Nobel alemá que publica Xerais. Traducida ao galego por Marga do Val, Randea do alento relata a deportación da minoría alemá en Romanía aos campos de traballos forzados en Ucraína en xaneiro de 1945 a través das vivencias dun mozo de 17 anos, Leo Auberg.
Ler máis →
Publicado o 24 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Traducións
A vindeira semana estará nas librarías Randea do alento, da alemana Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. Hai uns días adiantabamos, desde o blog de Xerais, a posibilidade de ler o primeiro capítulo da obra, así como a introdución da tradutora, Marga do Val. Radea do alento é a segunda novela desta autora que publica Xerais, logo de O home é un grande faisán no mundo.
Ler máis →
Publicado o 3 Setembro, 2010 nas categorías Adiantos_para_ler, Narrativa, Premios, Traducións
Pódense baixar en pdf as primeiras páxinas de Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. O adianto inclúe a introdución de Marga do Val, a tradutora, e o primeiro capítulo da obra. Randea do alento chegará ás librarías na derradeira semana de setembro.
Ler máis →
Publicado o 2 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Traducións
Na derradeira semana deste mes de setembro aparecerá nas librarías Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. Traducida do alemán por Marga do Val, esta novela foi considerada pola crítica alemá «como unha obra que, nestes momentos, sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos».
Ler máis →