Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_canosa

Dous libros para lectores a partir de 9 e 11 anos: «O corazón da maxia» de Xavier Estévez e «Rubicundo», de María Canosa

O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre O corazón da maxia, de Xavier Estévez, e Rubicundo, de María Canosa.   Dous libros para lectores a partir de 9 e 11 anos Rubicundo de María Canosa, vai dirixido aos máis pequenos.

Unha fabulación que enche: «Rubicundo», de María Canosa

El Ideal Gallego publicou unha recensión sobre obre Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha obra áxil e expresiva: «Rubicundo», de María Canosa. Crítica de Gracia Santorum en Criaturas

A revista Criaturas publicou unha recensión crítica de Gracia Santorum sobre sobre Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

Un prodixio sutilmente fantástico: «Rubicundo», de María Canosa. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   «Rubicundo» Abofé que o premio Merlín do pasado ano deixou unha boa colleita. Tras a Escarlatina de Ledicia Costas, unha obra aclamadísima polo lectorado, os xurados e a crítica, chega a finalista, Rubicundo de María Canosa.

Un convite para soñar: «Rubicundo», de María Canosa. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.     Un convite para voar, Rubicundo Hoxe presentamos unha obra á que lle temos moito cariño no souto.

As dúas esencias da literatura, a fantástica e a real: «Rubicundo», de María Canosa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis pubicou unha anotación sobre Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.     Rubicundo María Canosa é a autora de Rubicundo, libro que vén de publicar a editorial Xerais e no que se menciona que foi finalista no Premio da XXIX edición do Merlín de Literatura Infantil 2014. O libro conta, asemade, coas acaídas ilustracións de Nuria Díaz.

Novela ben substanciosa: «Rubicundo», de María Canosa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión crítica de Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   Rubicundo, de María Canosa Non albergo dúbidas diante do feito de que María Canosa vén ocupando un salientable espazo, desde hai anos, no ámbito da literatura infantil e xuvenil.

Novidade: «Rubicundo», de María Canosa. Un veciño algo raro

Rubicundo, de María Canosa, é unha novidade da colección Merlín. Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás.

Presentación en Baio-Zas de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O venres, 22 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Baio-Zas, terá lugar a presentación do libro Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto participarán Antonio Díaz Amor, Chema Rei Lema, María Canosa, Manuel Bragado e Xosé Mª Lema. Organiza a Asociación Musical e Cultural Pepe Valiña-Coral Xan Mella.