Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_navarro

«Corazón de chocolate» de Jaureguizar, crítica de María Navarro

FANTASÍA E HISTORIA Unha boa fórmula Unha nova colección de aventuras vén de irrumpir no panorama literario galego. Con dous títulos, Tintimán, pseudónimo de Uxío Lobo, acaba de chegar para instalarse entre os mozos aos que lles atrae o risco, a historia e as fortes emocións.

«Cama e conto», crítica de María Navarro

TENRO E DELICADO Cama e conto constitúe un texto tenro e delicado que expón unha realidade cotiá. Gonzalo Moure, convencido de que todo o vivimos na intimidade da nosa mente, escribe un conto no que salientan as perspectivas adoitadas; primeiro a da nena, Malva, logo a da nai e superposta a elas, a do lector, mozo e adulto, como complemento do proceso comunicativo que supón o libro.

«O monstro das palabras» de María Reimóndez, crítica de María Navarro

CARÁCTER REIVINDICATIVO A autora de Lía e as zapatillas de deporte ou Usha vén de publicar tamén na colección Merlí de Edicións Xerais de Galicia O monstro das palabras, un libro no que unhas rapazas descobren, axudadas pola súa mestra, que un ser perverso e maligno afánase cada certo tempo en comerlle as palabras á lingua e con iso evitar que a xente se relacione, pense e evolucione.

«”Valados”: fermosa historia de sentimentos encontrados», crítica de María Navarro

TENRO E DELICADO. UN MEIGO DA PALABRA A existencia de valados físicos e imaxinarios é hoxe en día unha realidade espallada por case todo o mundo e somos nós, as persoas, os que os construímos con táboas, formigón armado ou prexuízos do máis diverso. Nun momento dado non se sabe –ou si– por que alguén decide erguer unha fronteira e impedir o trafego de vida, preservando ideas, modos de vida, mesturas.

«Mil cousas poden pasar« ou «Dando que pensar», crítica de María Navarro

O flamante gañador do Premio Merlín 2009 amosa os seus dotes de escritor en Mil cousas poden pasar. Libro I, que presenta un mundo fantástico debaixo da auga e outro, non menos fantástico, na superficie.

«A profesora Ripaldi»: universos fantásticos

María Navarro publica hoxe en «Faro da Cultura», suplemento de Faro de Vigo, baixo o título de «Universos fantásticos», unha crítica d’ A profesora Ripaldi, o libro escrito e debuxado por María Alcañiz. O mundo dos soños e da ensoñación ofrecen ao escritor a posibilidade de crear e recrear universos fantásticos onde rexen as coordenadas da vontade, do desenfado, do absurdo ou da lóxica segundo a situación.

«Mariquiña, a carteira andoriña»

«Mariquiña, a carteira andoriña»

María Navarro publica no «Faro da Cultura» do 19 de febreiro unha crítica sobre Mariquiña a carteira andoriña, o libro de Mau e Pin, primeiro título da colección «Polo correo do vento». Reproducimos o texto: Da man de Edicións Xerais de Galicia chega Mariquiña a andoriña, unha carteira ben singular que percorre Galica entregándolles correspondencia a outros iguais.

«Amancio Amigo e o demo da botella», crítica en «Faro da Cultura»

«Amancio Amigo e o demo da botella», crítica en «Faro da Cultura»

María Navarro publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Amancio Amigo e o demo da botella, a segunda das entregas da serie protagonizada polo mago creado por Xosé Miranda e ilustrada por Patricia Castelao.

«Cazaría salvaxe», crítica no «Faro da Cultura»

«Cazaría salvaxe», crítica no «Faro da Cultura»

María Navarro publica no Faro da Cultura desta semana unha crítica da novela de Agustín Agra, Cazaría salvaxe.

«Os piratas da illa da esperanza», crítica

«Os piratas da illa da esperanza», crítica

María Navarro publicou no Faro da Cultura de onte unha crítica sobre Os piratas da illa da esperanza, a novela de X. Rivadulla Corcón publicada en Merlín e ilustrada por Adrián Solleiro.

“Lía e as zapatillas de deporte”, segunda crítica

“Lía e as zapatillas de deporte”, segunda crítica

María Navarro publica no último número de Faro da cultura unha crítica de Lía e as zapatillas de deporte, o máis recente libro de María Reimóndez na colección Merlín.