Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_reimóndez

Actos de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2021

Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2021 na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1, domingo 18:30 horas: María Canosa asina As pombas de Bastián, Unha fábrica de bicos e o resto da súa obra. 18:30 horas: Yolanda Castaño asina Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias e o resto da súa obra.

Presentación en Santiago de “Cobiza” de María Reimóndez

O xoves 15 de xullo de 2021, ás 19:00 horas, nos arcos de Bonaval de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Cobiza de María Reimóndez, I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero. No acto, organizado pola libraría Lila de Lilith, participarán Nee Barros, Susana Sanches Arins e María Reimóndez.

Oito títulos de Xerais figuran na OEPLI, a selección dos libros de literatura infantil e xuvenil máis significativos publicados en España durante o ano 2020

Oito títulos publicados por Xerais figuran na OEPLI, a selección dos libros de literatura infantil e xuvenil máis significativos publicados en España durante 2020. Esta selección de libros de literatura infantil e xuvenil publicados durante o 2020 pretende ser unha mostra significativa dos publicados no Estado español.

Sinaturas na Feira do Libro de Vigo 2021

Do 1 ao 10 de xullo terá lugar en Vigo a Feira do Libro 2021 na que asinarán exemplares as escritoras e escritores:           María Reimóndez: xoves 1, ás 19:00 horas           Ledicia Costas: venres 2, ás 18:00 horas           Xurxo Martínez/David Rodríguez: venres 2, ás 18:00 horas           Fran Alonso: venres 2, ás 19:00 hor

Sinaturas na Feira do Libro de Redondela 2021

Do 16 ao 20 de xuño, na Alameda de Redondela, terá lugar a Feira do Libro 2021 na que Xerais organiza as sinaturas: venres 18 de xuño, ás 18:00 horas sinatura de Ledicia Costas.   domingo 20 de xuño, ás 18:00 horas sinatura de María Reimóndez.

Feira do Libro de Ourense 2021. Sinaturas

Do 2 ao 5 de xuño, na rúa do Paseo de Ourense, terá lugar a Feira do Libro de Ourense 2021 na que Xerais ten organizadas as seguintes sinaturas de exemplares: O xoves 3 de xuño, ás 20:00 horas, Xabier Domínguez e Alba De Eván, asinarán exemplares do seu libro Maxia de pedra.           O venres 4 de xuño, ás 20:00 horas, Antonio Tizón asinará exemplares de Os incurábeis e do resto da súa obra.

Sinaturas na Feira do Libro do Porriño 2021

Do 27 ao 30 de maio terá lugar a Feira do Libro do Porriño na que asinarán: Ledicia Costas o venres 28 de maio a partir das 18:00 horas. María Reimóndez o domingo 30 de maio a partir das 19:00 horas.

Sinaturas na Feira do Libro de Compostela 2021

Do 8 ao 17 de maio, no Paseo Central da Alameda de Compostela, terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2021 Día 8 de maio,  sábado 18:00 h.: Yolanda Castaño asinará exemplares de Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias Día 9 de maio,  domingo 19:00 h.: Carlos Negro asinará exemplares de Non cantan paxaros neste bosque 20:00 h.: Manuel Gago asinará exemplares de Nus Día 11 de maio,  martes 20:00 h.

Novidade: «Bárbaras!», de María Reimóndez. Un libro que convida a reflexionar sobre a menstruación, un tema que ainda segue a ser complicado e mesmo controvertido

Bárbaras!, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Seica de Xerais. Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido.

María Reimóndez: «En `Cobiza´quería reflexionar sobre como as estruturas de poder fan uso dos nosos afectos». Entrevista no «Zig Zag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego coa escritora María Reimóndez sobre o libro: Cobiza, publicado por Xerais na colección Milmanda. O libro gañou o I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero. A entrevista pode verse nesta ligazón.

«Cobiza», distopía e realidade na última novela de María Reimóndez. Anotación na web A Movida

A web A Movida publicou unha anotación de Paula Cermeño sobre o libro: Cobiza, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Milmanda. O libro gañou o I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero.   «Cobiza», distopía e realidade na última novela de María Reimóndez.

María Reimóndez: «O libro debe facer reflexionar aos lectores sobre as interseccións nas que estamos en cada momento». Presentación de «Cobiza» no Club FARO

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por Mar Mato sobre a participación da escritora María Reimóndez no Club Faro para falar sobre o libro: Cobiza, publicado por Xerais na colección Milmanda. O libro gañou o I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf.